08-12-2010

outra muller mais

onte asasinaron
a outra muller mais

que pasou
unha disputa familiar
unha ruptura non aceptada
un brutal ataque de ciumes
un maltrador con orde de alonxamento

e logo do crime
unha repulsa publica
concentracion de protesta
dous dias de luto no seu concello

e todo isto para que
de que nos serve ?

o cronista

na foto o numero das asasinadas
que recoñece o ministerio de igualdade
o dia antes deste ultimo crime
que este insensible contador
case as converte en so numeros
pero sabemos que son moitas mais
as recoñecidas polas activistas
www.redfeminista.org