13-7-2011

ai teixeiro teixeiro


en teixeiro en teixeiro

nun lugar no que deberon medrar
en tempos vellos e fermosos teixos
e toda a vida que con eles xurdia

á beira da estrada da paradela
nun lugar que polo seu nome
debeu ser mui especial
para facer unha parada

en teixeiro na paradela
á beira do rio mandeo
agora medra o medo e a mentira
e a inxustiza na prision de teixeiro

e leo na internete informacion
sobre o chamado centro penitenciario
penitencia como a dos catolicos
dos mil oito internos pros que ten capacidade
pero tamen leo que a capacidade real media
é de mil setecentos represaliados

ai teixeiro teixeiro
nós non queremos internos nen muros
queremos plantar libres teixos e acibos
e que voen bubelas olaias eladios enekos...

manolo pipas

posdata necesaria
estes versos que iamos publicar estes dias
saen hoxe porque os tres compañeiros
foron postos en liverdade hai unhas horas
pero na prision de teixeiro outros inocentes
seguen dentro por outras disidencias
por pensar distinto

na imaxe un cadro do preso
politico mexicano jacobo silva