verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
e voltamos á rotonda
ese espacio máxico-maldito
que en decembro do 2014
ocupáramos durantes semanas
espacio que foi rotonda-escola
para os xogos das cativas
e tamén das nosas loitas sociais
e enchémola de novo de ducias
de barquiños de papel
e a familia de diego
deu as grazas a inmensa
solidariedade cunha fermosa carta
e xa non era necesario ler
o poema dos acusadores e racheino
e xoguei coas palabras
con guiños á familia rotondiana
e botei os versos da cronika anterior
os simbólicos barquiños de papel
ficaron facendolle compaña
ao golpeado e triste
barquiño de alfageme
memoria da nosa loita
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)