02-12-2011

discriminada lingua




esta pintada grabado

na porta dunha entidade bancaria
con mui marcada negativa entidade
durou so un par de dias
pero na pedra ficou algo de tinta
e ainda se adiviñan as palabras

esta empresa discrimina o galego
como o lokal da sua dereita
o da sua esquerda e o de enriba
e os lokais de enfronte
e o seguinte e o seguinte

esta empresa discrimina o galego
insulta a toda unha cultura
explota aos seus traballadores
discrimina ás mulleres
e contamina o medio ambiente
pero seica todo isto
non debe ser terrorismo


o cronista