08-4-2020

silencio de cidade morta


Cae a tarde, e cae cun silencio de cidade morta,
esta sensación de estar todo suspendido,
como esperando o fin do mundo,
como de estar absorto coa mirada
cara a dentro cravada nun punto lejanísimo
onde nin hai pensamentos...
Tempo confuso no que estar ben é un crime,
e estar mal é unha obscenidade.
De que podemos queixarnos
vendo como están outros,
vendo o que arriscan outras...?
Pero quen estaba preparado para isto?
De súpeto non existen os demais,
non existen os xestos con que nos unimos a eles,
non existen as miradas coas que nos contamos os misterios,
nin as palabras que nos feren ou nos curan,
nin as presenzas que nos di que o mundo
non é un lugar deserto...

luis do uf   nun correo