nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
as historietas son contadas
segundo os intereses de cada quen
e os contos sofren cambios e engádegos
e neste caso hai consenso en pouco
eran tres magos que vinyan de oriente…
o que levaban vai ti a saber que pois
e se non eran reis serían republicanos
e mira ti que este país do conto de hoxe
está xustinyo no oriente das espanyas...
seica hai tres republicanos
magos revoltosos da catalunya
sen barba postiza e que non
precisan nen traxes nen carrozas
nen danzantes bufóns e escravos ...
para facer a súa xusta maxia
e mesmo presos polo herodes-borbón
adiantaron os regalos que seica foron
miles e miles de votos de esperanza
...
seica o contraponto desta historia
son tres esperpentos de barbas postizas
con toda a parafernalia do conto oficial
carísimos traxes e moita maquillaxe
e con carrozas escoltadas por pikoletos
pero seica van de reis de occidente
e so a rainya ten algo de maxia
e es@s tres mui mal arrimados
xa sabedes ben quen son...
o contador
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)