23-3-2017

aquel concerto de ángel parra

 


ángel parra trovador chileno
cuando amanece el día
de pisagua a allende
alma de chacabuco
valparaiso en la noche…
morréu o pasado día once

fillo da violeta parra e sobriño
do poeta nicanor e irmán
da tamén trovadora isabel
e con ela abrira o local
la peña de los parra espacio
encontro de cantores e artistas
daquel chile da segunda metade
dos 60 que golpeado camiñaba
cara revolución de allende...

compostela ano 93 outubro
festival de trova latinoamericana
un día mercedes sosa enche a carpa
outro día silvio rodríguez pede
abrir as portas para que entren
os moitos que quedaron fora
e outra noite cantóu angel parra…
chovía a cachón en compostela
outubro sen estudantes e a carpa
estaba fora do casco vello
e el non era mui coñecido...
fomos de público doce persoas
e contei as fileiras de sillas
e dábame mil-dúas-centas
e ángel cantóu cos seus
catro ou cinco músicos
e foi un fermoso concerto
e mesmo estreóu un tema
que lle fixo a camarón
morto semanas atrás
e eu non me atrevín a falar
co trovador por timidez
e por vergoña colectiva
dos que non chegastes á carpa
grande trovador ángel parra

manolo pipas