nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
Decia Saramago
que amar é unha cuestión de pel
e nós non ousamos contradecir ao mestre
As mans non son quen de mentir
As mans recollen
As mans apertan
As mans golpean
As mans protexen
As mans crean
As mans seran as únicas que nos salven da caída
Este proxecto nace das mans
de Emma Ovín, fotógrafa
e Iria Collazo, escritora.
As mans premen o botón do obturador
e constrúen o camiño da tinta
e nestas fotografías vai parte do seu corazón.
Abride ben os ollos . Eles tampouco menten
texto e foto da exposición
na tenda vaidhé na rúa
carral cidade de vigo
con doido corazón
co corazón nas mans
dous corazóns catro mans
os dedos que apretan o botón
os dedos que premen as teclas
as mans que captan sentimentos
das mans e brazos que nos amosan
corazóns e corazonadas
e traballo en man común
desde as terras do morrazo
e a voz e as mans de su garrido
alomiñaron outros botóns e cordas
na presentación da exposición
de man do corazón
fotografias de emma ovín
textos de iria collazo
na tenda vaidhé
versos manolo pipas
fotos da presentacion
roi silencioso
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)