12-3-2018

entre compas libros e loitas

 


unhas poucas horas en compostela
logo dos pletóricos… 4…8 das marzas
e paróu a chuvia e paso polo teatro
pechado agardando a homenaxe ao che
e sigo camiñando as pedras e seguindo
unha imaxinaria e real ruta dos mandiles
das mulleres colgados dos balcóns
coma novo símbolo da súa loita
e por fin podo coñecer a poética
libraría chan de pólvora e atopo
ao quico valeiras no seu mostrador
escritor que coñezo do tangaraño...
e platicamos do espacio e cóntame
que sustitue ao poeta eduard velasco
que voltóu coa súa compa e escritora
alicia fernández e criança para barna
e merco o poemario ruído de trens
do catalán-galego e déixolle
dous dos meus libros no andel

volto ás rúas de mandiles
nalgúns balcóns e paredes
e lévanme ao meu ritual
de visita á feminista libraría
lila de lilith e a patri porto amiga
desde aquel tempo da insubmisión
e das radios libres e conversamos
das pletóricas xornadas no país
que ten preocupado ao machismo
e lévome os (in)surgentes versos
de perra tumba da súa tocalla
cántabra patricia fernández

regreso ao camiñar pola pedra
e de vagar vou seguir entre prendas
cara a homenaxe ao che guevara
e chamo por telefone a avoa poeta
luz fandiño que está pachucha
e non pode vir recitar con nós 
pero está algo mellor e dígolle

que xa botaremos nós o seu poema

e sigo camiñando e atopo a compas

baixo os soportais nunha mesa

á esquerda do teatro agardando

por máis guevarian@s

e outras xentes de ben


manolo pipas .