30-1-2016

homenaxe a jose marti



o escritor e libertador josé martí

é coma unha grande árbore

 

josé martí o poeta cubano

que paróu a pluma polas armas

buscando a independencia da illa

é homenaxeado na súa escultura

dous días despois do seu nacemento

hoxe día internacional da paz

unha pomba que moito sabe disto

pousase na cabeza do poeta


evento combocado pola asociación

de amistade galego-cubana

francisco villamil



décima guajira pra jośe martí


na cabeza de martí

unha pomba está pousada

o poeta unha trovada

ben quixera compartir,

con ela e con nós aquí

festaxando a súa vida

esa obra combativa

pola cuba independente,

ese home consecuente

no camiño e a despedida


manolo pipas