nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
a laura quintillán
un puerto un porto un tango
que trinta anos non é nada
compañeiros de tangata
unha orquesta sobe ao barco
o tango ten ollos negros
pura emoción e calambres
os salgados arrabales
nota a nota os seus segredos
as cordas son como cabos
e as teclas queren ser velas
vai tangata coa orquesta
por trinta anos de tangos
eses raios misteriosos
os valses de buenos aires
coas milongas orientales
neste equinocio de outono
o tango con danza e canto
que trinta anos nada son
tangata é pura emoción
de porto en porto o teu tango
o grupo tangata con artigas anelo
alberto vilas enrique migliarini
gustavo a. barcia e david veiga
tocaron onte polos seus trinta
anos de música coa orquesta
clasica de vigo e uxía senlle
no vello teatro garcía barbón
imaxe grupo mundo cal
foto concerto chus láuzara
rimas manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)