12-4-2026

paco extraño e amigos

 

paco extraño e amigos
xuntos e revoltos no escenario
e seica nós estamos a celebrar
uns poucos anos sesenta anos
que é un tempo ben redondo
un tempo relativamente extraño

uns foron antes outros imos despois
e que nos acolla o café de catro a catro
sesenta son seis cordas ou seis músicos
por dez afinadamente multiplicados


extranha forma de vida chámase

un vello e pra min querido fado
ai o paco extraño e amigos xuntos

e revoltos celebrando no escenario

       escrito e recitado de improviso

       onte á noite con outros extraños

       versos xa publicados aquí