13-10-2015

indixena resistencia 12 de outubro

 

 

12 de outubro das resistencias indíxenas

e de todas as loitas comunitarias

da ría á serra madre

 

12 de outubro do patio de guixar

aos patios do anahuac oaxaca chiapas

patios grandes e chiquitos

todos eles cálidos entrañables

das rías ás costas pampas montañas...

esas que van de tierra de fuego a alaska

a todo aquel continente pues

 

da carpa da caravana feminista

con poemas contos e cantigas

chegamos á carpa de violeta parra

e a carpa daquel octubre do 93

en compostela daqueles concertos

de silvio rodriguez angel parra

soledad bravo mercedes sosa...

 

que lonxe que perto aquel continente

lonxe na distancia e sobre todo

cando queremos esquecer e non saber

e perto cando nos abrimos

e cando están entre nós coma hoxe

compas carnalitas daquel continente

que suman voces e palmas

 

o sombreiro da marcha mundial das mulleres

o paliacate e da primeira viaxe hai dez anos

a camisa do colectico huizache de oaxaca

o chayote mesoamericano froito máxico

as botas a guitarra un chingo de símbolos

 

poemas de varias viaxes e comunidades

caravanas patios prazas marchas e carpas

encontrábanse coa caravana feminista

que agora andará por portugal

servando cantóu os meus poemas mestizos

a súa cantiga ó meu pobo a todos os pobos

e sobre todo a maldición da malinche

de gabino palomares e amparo ochoa

a tonada luchín de victor jara

volver a los 17 de violeta parra

todo cambia de julio numhauser

e a negra mestiza mercedes sosa

e de georges brasens a chanson

pour l'avergnat que escoitaba

o desterrado gabo en parís

 

os tempos de benedetti e galeano

a terra e sementeira de natalia contesse

e tantas malinches evas e chavelas

as mestizas décimas do son jarocho

as follas a lúa as nubes e as estrelas

de todas as culturas americanas

e as voces dunhas e outras costas

cantamos l'estaca de lluis llach

neste patio chikita-carpa de guixar

 

fotos ernesto ilkerman

versos o colocho pipas