05-9-2026

salvaterra poesia

 

 

      a rosa e aurora criansas
      no seu 1º día en salvaterra
      que xogaron cos poemas
      impresos que eu regalaba...

salvaterra poesía
versos á beira do miño
triste pasado muralla
tes agora outro sentido
anti-imperialista feitos
son os únicos camiños

o condado salvaterra
encontros e despedidas
as palestinas pulseiras
fan e venden as cativas
de plástico deste tempo
das cores da utopía

salvaterra ai tantas terras  
de sobredo até hebrón
salvar a terra salvala
deles e algo tamén de nós
a poética dos teus xestos
das imaxes e dos sons

poesía en salvaterra
libros camisolas rifas
pra manter o festival
rifados os nosos días
cos que teñen os botóns
sen saber de poesía

salvaterra da muralla
moitos anos festival
condado e baixo minho
sempre da man portugal
do sahara até cuba
o poema e o cantar


o cronista