verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
solsticio de verán
noite das fogueiras
a lúa vai medrando
e coidando da horta
os penultimos aguacates
as segundas ameixas
e facer un simbólico lume
queimar uns palés e apuntes
e honrar as amigas meigas
as ervas as augas das fontes
e cantarlle susurrarlle á terra
a fogueira ten forma piramidal
arde o producto de árbores e homes
e logo do lume fican unhas brasas
as memorias
na fogueira de
as da industria
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)