26-5-2018

versos musicas cancions

 


refúxiome moitas veces entre palabras
nas lembranzas dos bos tempos pasados
imaxínome camiñando rúas lonxanas
e vou tarareando algun canto

refúxiome na música moitas veces
as melodías que na casa escoito
ou que me acompañan coma fondos
son case todas ben envolventes

as músicas e cancións coma alimento
unhas veces coma froitas que masticas
como líquido que bebes aire que respiras
co ritmo da túa vida espacio e tempo

un alalá un fado unha chacarera
un son un swing unha sonatina
que estilo e que voz ti necesitas?
que música ou canción ti desexas?

versos que medraron
entre os recitais
imaxe de hai tempo