verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
a lúa e o mar en calma
a cidade de pedra soña
o vento xa se vai pola alameda
e a rapaza escrebe dos seus ...ismos
uns artigos un manifesto unhas novelas
hai mes e pico voltei por aquelas rúas
a libraría lila de lilith as prazas as tabernas
en ti pensei de ti falei coas amigas e cos ecos
de ti e das outras ausencias tamén na palestra
agora camiño por abril xa case maio
e que che conto das ultimas miserias
das rías e compostela até gaza e cuba
compañeira sempre da palabra
begoña das ondas e das letras
pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)