verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
esta semana de martes a venres
nas mañáns a rapaza dos tacóns
chega á parada do bus
case sempre entre as últimas
co seu bolso nunha man
e un cacharriño na outra
e ás veces non lle deu tempo
acomodar os seus cabelos
cunha fita ou cunha pinza
e faino mentres olla na pantalla
que falta un ou dous minutos
para o noso bus
chega o transporte
mal chamado público
cando é colectivo privado
e ela vai subir das primeiras
e busca o seu asento
e segue co seu cacharriño
a comunicarse co mundo
agardarálle día
de traballo mui duro
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)