nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
non teño ningunha foto / do camiño orixinal
polo que nós tantas veces / subíamos pro xuncal
na memoria gardo ben / lavadeiro e manantial
amieiros e tritóns / lagartos e silveiral
os nosos xogos de nenos
entre a cidade e o rural...
un nome da coia vella
mantén vivo este lokal
ai o camiño da mina / que arrasóu este concello
deixando so unha casa / co seu xardín e abeto
xunto á praza da miñoca / a memoria dos labregos
os nomes dunhas rúas tapan / con fotógrafos senlleiros
e seguro que os finados
non comparten estes feitos
co doado que sería
empregar os nomes vellos
hoxe na bilioteca neira vilas
martinez garrido 21 as 19:30
darán a charla a coia das leiras
aos grandes bloques
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)