nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
as saudades do último chopo
da estación dos tranvías da florida
este chopo tan grandote
ai á beira da florida
raiz tronco polas follas
con saudades el respira
este vello chopo amigos
última memoria viva
dunhas vías i estación
e do parque dos tranvías
aqueles vagóns pasaban
uns dez metros máis arriba
de figueirido pra bouza
suroeste a travesía
de muiños pra coruxo
solitarios e familias
de canido pra saiáns
boas vistas sobre a ría
prado panxón ramallosa
e o eléctrico seguía
pra gondomar ou baiona
o interior ou a baía
os tranvías este vran
ai cen anos cumprirían
ecolóxico transporte
barato e humano amiga
tamén a este vello chopo
quixeron cortar a vida
construindo á súa beira
e salvárono as veciñas
raiz tronco polas follas
con saudades el respira
este chopo tan grandote
suspira polos tranvías
o veciño do chopo
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)