27-10-2013

o poeta e as luas




os textos do solitario poeta
son mensaxes breves e moi densas


van dous poemas recitados
a cativa luna fai ruidos coas canicas
e o seu pai di que a desconcentra
a pequerrecha vai coa nai e segue o poeta
debullando destilando as suas mensaxes
entre os xoguetes de luna

a compañeira do autor
cun ritmo ben distinto
tamén le uns poemas

a lua é a mellor compañeira dos poetas

e logo seguimos coa palabra
conversamos todos dela e dos vellos
e dos seus novos soportes
palabreamos deste tempo tan veloz
e da dificil comunicación

luna escondeuse detrás dunha nube

recitar
é todo un arte
de parte a parte

a lúa é a mellor compañeira dos poetas


secuencias da presentación
de billetes transportan mensajes
a julio zaida e luna


lariño