31-8-2012

que medre o mar bernardino




o autor da profecía do mar
e de tantos entrañables libros
será homenaxeado mañan na coruña
pola sua persoa e pola sua obra
dias antes de cumprir oitenta anos
data para a que se está a preparar
outro encontro na sua vila natal de cangas

medre o mar é o título que a asociación
de escritoras e escritores en lingua galega
e o colectivo arteu escolleron para o evento
o mestre bernardino graña será louvado
polos seus amigos e compañeiras poetas
por musicos e outros activistas da cultura

mañan teremonos que repartir pola poesia
alguns non poderemos ir ao mar da coruña
porque estaremos á beira do miño en salvaterra
e desde aquí lembro a enerxia de bernardino
en varios pasados festivais da poesía do condado
e hai uns bos anos en cangas animandonos
aos novos cos nosos primeiros poemas


manolo pipas