27-6-2023

desfeita climatica


emerxencia climática
climática emerxencia

a destempo calor ou frío
chove cada vez menos
o sol e a lúa fanse un lío
e case nada facemos

somos sobre todo auga
chuvia ríos pozos mares
ai doñana e amazonas
derrétense os glaciares
e a terra está sedenta
emerxencia climática
o clima é unha desfeita

 



19-6-2023

persoas sen fronteiras


persoas sen fronteiras
médicas e periodistas sen fronteiras
feministas e pacifistas sen fronteiras
ecoloxistas sen fronteiras
sen muros sen aramios

golpeadas sen fronteiras
desprazados sen fronteiras
mortas sen fronteiras
sen razón sen sentido

embarcacións para a vida

cayucos e pateras sen fronteiras
yates e remolcadores sen fronteiras
activistas humanitarios
rescatadores sen fronteiras ...
polo mediterráneo o atlántico e tantos mares
sobrevivintes e desaparecidas sen fronteiras
persoas e memorias sen fronteiras



04-6-2023

duas nenas mellizas

 

dúas nenas mellizas
que ían para o colexio
decidiron non ir
e nunca poderán voltar a el

que pasóu con estas mellizas
que lles dixeron aos seus doce anos
que lles fixeron no seu colexio
se cadra por ser distintas
olladas palabras feitos...

 

27-5-2023

de dignidade e xustiza


digna vida digna
e os traballos dignos
e os prezos xustos
da comida da auga da casa
da enerxia … prezos dignos

vida e morte dignas
e a terra e a auga
para quen as respeta

nen guerras que nos maten
nen capital e votocracia
que nos opriman

recitado no evento dos ninguéns
con outros versos irmáns

v(b)otacions e reflexions

tempo de e-leccions 1

v(b)otantes e gobernantes

re fle xio nan do pois



27-5-2023

v(b)otacions reflexións


seica mañán é un dos días

máis importantes da democracia

o día máis grande da partidocracia

pero hoxe é un día con menos dereitos

ca onte e con menos que mañán

se falamos un pouco de máis

se digo algunhas verdades

pode cairme unha multa


mes de maio vinteoito 
xornada de v(b)otacións
hox dia antes a reflexión 
votocracia menudo conto   

predicadores charlatáns
insultos e mentiras
poucos perden a partida
seguirán facendo mal

votacións eleccións
programas lemas actos
cortellos e deputacións
e contranatura os pactos
para non perder o timón

con caciques e neo-caciques
máis cedo ou máis tarde
con eles o barco vai a pique


versos recitados no evento dos ninguéns

con outros de reflexións  de anos atrás


manolo pipas

 


16-5-2023

flores letras

 

maio coas súas flores
maio dezasete e as letras
e a lingua coas súas dores

 



08-5-2023

flores do vento



a planta do aire
a erva do vento
florece uns poucos días
comparte o seu segredo 

 

 

21-4-2023

coitada doñana


un laio un berro
pola auga de doñana
un canto unha elexía
por moita vida de doñana



08-4-2023

claroescuros do pintor


   a cincoenta anos da súa cubista morte 


picasso vida obra vida

o xenio os soños os medos

o pintor coas súas modelos 

e as cubistas despedidas 


grande picasso pintor 

pero o home non é tanto 

a súa cabeza quebranto 

para as súas parellas dor 


artista case total

azul rosa negro gris 

señoritas e arlequín 

entre o ben e o mal



05-4-2023

un so tambor


que toque so un anónimo tambor

por toda a humanidade 

e chegará lonxe o seu rumor

pola fraternidade



Distribuir contido