Novembro 2012

17-11-2012

do novo parlamentiño




o home mais vello da camara
o galeguista-españolista novo-beiras
como presidente ocasional
case disolve o chamado parlamentiño
e comboca novas eleccions

porque non sacache
outra vez o zapato
porque non o fixeche ?

e novas eleccions para qué ?

outro 14 de novembro

porque non abriche
as portas do parlamentiño ?


o cronista




17-11-2012

das arbores de castelao 3




seguimento das arbores

onte non puiden facer

seguimento da tala masiva
e hoxe camiñando o paseo
comprobo que a arbore sán
que salvamos o xoves
ainda está con vida
e custodiando unha maquina
e outra proxima foi podada
totalmente de arriba a abaixo
para que non molestase un edificio

e parece ser
que unha arbore enferma
cortada en anacos
golpeou á enferma alcaldía

a sabado 17


16-11-2012

das árbores de castelao 2




enfermas arbores enfermo barrio

avenida castelao

os xardins e os paseos
os parques e a ala-meda
as arbores teñen medo

moitas arbores enfermas
en anacos son cortadas
e tamén álamos sans
ou moi perto das fachadas

e porque enferman os chopos
entre os volcans e travesas
porque as podas sucesivas
non estiveron ben feitas

por cada arbore talada
dixeron que plantan tres
pois que cumpran a palabra
cecais a primeira vez

as plantadas estes anos
todas arbores alleas
sen coidados moitas morren
quedamos sen alameda

enfermo barrio de coia
e tamen esta cidade
e máis graves e sen cura
ai temos aos gobernantes

manolo pipas

15-11-2012

das árbores de castelao 1




por unhas arbores enfermas

nós non estamos enfermas

porque nos talas ?

en coia están cortando
moitas arbores enfermas
e tamén álamos sans
que estaban a sua beira
valizados os xardins
o terror das motoserras
cando os talaban choraban
os paxaros e unhas nenas

van talar un cento e medio
a isto chaman limpeza
alamos e chopos son
os que dan nome á alameda
salvaronse os bidueiros
os carballos e as palmeiras
a avenida castelao
perde vida que desfeita

poucos veciños se arriman
na defensa da floresta
estes dias varias veces
pararon as motoserras

manolo pipas


14-11-2012

da folga e dos paros




14 de novembro

mercores folga xeral
en grecia estado español e portugal
e noutros paises paros e apoios

e esa europa que
cada un polo seu lado
os de abaixo querer e non poder

folga xeral
outra tentativa de paro total
vintecatro horas.....

tan pouco vale o noso presente
tan pouco vale o noso futuro
que non nos atrevemos
que os sindicatos non se atreven
a tensar un pouco mais a corda
cunha folga e paro de varios dias !?

o cronista

en grecia xa tiveron folga xeral
de 48 horas 6 e 7 de novembro

13-11-2012

folga xeral en palabras




      c a p i t a l

         t r a b a l l a d o r e s
         p o l i t i c o s
             b a n c a
               b u r g u e s í a
              d e r e i t o s
       p r e n s a

                    f o r z a s   r e p r e s o r a s
               c l e r o
                     m i l i t a r i s m o
    d e s e m p r e g o

                p l u s v a l í a
                          x u b i l a d @ s
                       c r i s e
                     m o n a r q u í a
                    s i n d i c a t o s
                      c a p i t a l


cada un de nos pon
o seu grao de area para a folga xeral
a sua palada saco ou camion de area
para que haxa unha folga xeral

o cronista

13-11-2012

dez anos de chapapote




hai dez anos escasos

o sete de decembro do 2002
á beira do mar de oia
mentres centos de persoas
organizadas por nos mesmas
recolliamos chapapote
mentres os de proteccion civil
estaban arriba mal dirixindo o trafico
dous sospeitosos homes
de traxe e garavata planchadas
arrimaronse a un barranco
e algo falaron con nos
daquela catastrofe-delito
pero sen presentarse

nos estabamos manchados de chapapote
eles limpos apestaban a mentira e violencia

un deles era o delegado do goberno
na provincia de pontevedra
o mesmo que mandaba que nos golpeasen
nas pacificas manifestacions
e cando se correu a voz de quen era
e eu sabiao dende o principio
botamolos de ali con insultos
e case sen tocalos

hoxe non
pero hai dias que penso
que debimos tiralos polo barranco

por xustiza !!!

o cronista


12-11-2012

lua manchada




mañán

vai ser lua nova
e martes
o trece do once do doce
e van dez
ai van dez anos

ai si
mañan hai lua nova

e a lua tamen se manchou
hai dez anos
e ainda non fomos
capaces de limpala
a lua daquel trece do once
de hai dez anos
que coma nos segue manchada

o cronista




10-11-2012

arrecendo




nestas datas
hai un novo arrecendo
nalgunhas prazas
nalguns rincons da cidade
arrecendo a lume
e castañas asadas

os froitos da terra
quentan as mans
e os corazóns...

lariño



09-11-2012

testemuñas de pranto




Dos meus ollos de medo verten ríos de chuvia,

do meu alento orfo foxen as musas todas,
camiñan en ringleira espidas e caladas,
as mesmas que roubaron as esencias da dozura.

Quen che negou amor, as mantas do teu leito?
Quen prantou no monte a arbre máis tristeira,
que eu, terra amada,
non souben darlle a saiva
para que en mín, toda ela, poidera afondar?.

Tan soio me deixaron testemuñas de pranto,
un doloroso gris de cinsas namoradas,
as mans ensanguentadas cos cravos da roseira,
o corpo mutilado cos menceres da impotencia.

tino baz

do disco cinsa namorada
o trovador da guarda canta hoxe
as dez e media da noite na casa
gallardo no alto de puxeiros

08-11-2012

letras de amor e guerra




Iniciei travesia nestas páginas

na procura de portos que ganhar.
A promessa da liberdade e da paz
preside a nosa luita por reinventar o meio.
Onde estás, libertatia?
Se calhar no coraçom
desta galerna asfáltico-electrónica


Resistência
No povoado irreductível
Fero castro
Utopia guerreira, livre
Perante os ferros assasinos do desengano

A beberagem secreta leva o teu nome

A praia resiste e a fraga também
Mas lança-me o teu ouveo indígena

Indica-me o caminho...

ramiro vidal alvarinho

letras de amor e guerra
publicado por q de vián cadernos
presentase xoves 8 as 20:14
na livraria paz de pontevedra
sabado 10 en compostela as 12:30
na livraria couceiro e as 20:30
en vigo na cova dos ratos
portada maría josé lópez
aportaverde.blogspot.com


07-11-2012

fonte á beira mar




nunha rocha

sustraida ao mar
a suspendida auga
a fontiña a manar

o coro das ondas
e unha voz soa
a cantar

lariño