Marzo 2013

25-3-2013

silenciado lugar do canto




as catro da madrugada

saia unha camioneta da aldea
e aproveitei cecais a única ocasión
os galos tamen madrugaron ben
e nós baixamos da terra dos corvos
cara o río e chegando a cuicatlán
o sol lentamente se erguía
sobre os cerros da cañada

debaixo deste cerrito
naceu a vila do lugar do canto
e neste cerrito seguro que había
un milenario altar cuicateco

cada banco deste miradouro
ten o nome escrito dunha familia
que como minimo debeu pagalo

unha parte da plataforma
estáse caendo a cachos
e o pobo cuicateco e o mestizo
segue pagando polos danos
á memoria dos seus devanceiros

pola cañada


25-3-2013

animais da serra




o pequeño rebaño

da familia da leonor
hai tempo tivo unha baixa
unha vaca quedou enredada
e foi pasto dos zopilotes

o horfo burro recibe brincando
ao vello labrego cuicateco
el abuelito contame que un home
matou un armadillo de cuncha
preparouno a sua muller
pero del só comeu o cazador
e puxose malo e morreu
e dixo logo o medico
que se envenenou pola serpe
coralillo que comera o armadillo

arriba voa un zopilote
nas flores dos verdes arbustos
os chiquitos colibrís
e a güera vaca olla curiosa
para o güero fotografo

na milpa a dia 24

posdata
dous dias despois en oaxaca
ainda sufro as libertarias pulgas
que deixaron a serra sen permiso




24-3-2013

a cañada os cerros a milpa




o rio grande deu forma a esta cañada

a cañada chamase unha rexion ao norte
de oaxaca cos cuicatecos e os mazatecos
cuicatlán é o lugar do canto e nesta vila
agarramos unha camioneta pero nela
non canta ningun dos compañeiros
e darredor do rio que vai cara o papalopam
hai moitos mangos cos froitos xa maduros
e mangos estamos a comer na milpa
mentres saco esta foto arriba do cerro
do zopilote e debaixo do cerro pelón
na comunidade de cacalotepec
ou yaba intaá na lingua orixinaria
o cerro dos corvos pero so vimos zopilotes
e sigo preguntando a amiga leonor
e a sua nova familia dos lugares das palabras

pero o vello asuncion tamen pregunta ben
de onde veño que lonxe estamos que plantamos
que frutais se dan alá e se hai leons en galicia
e león é como tamen lle chaman ao puma
e un destes felinos foi ferido estes dias
por un dos cuicatecos da comunidade
polo bosque que temos nos detrás
e tamen me pregunta se hai elefantes...

a pisca da milpa vai avanzada
a esfollada do millo pois
en terras cucaitecas entre cerros
sobre o rio grande na cañada …

por cacalotepec


24-3-2013

esquinocio




hai uns dias foi o equinocio

pero akí os que somos de fora
non o notamos moito
que as flores e sobre todo a calor
son compas de viaxe
desde hai varias semanas

solpor chiapaneco
de hai uns dias


22-3-2013

as sombras do patio




o patio o claustro

de noite e de día
un espacio pechado

as columnas e os arcos
esas escuras galerías
e todo pintado de branco

o espacio restaurado
agora para outros fins
ás veces aberto claustro

as sombras do pasado
eses milenarios muros
que apareceron debaixo

os arcos o patio o claustro
e a memoria zapoteca
asentando asentando

en oaxaca


21-3-2013

o ouro de oaxaca




logo dun cálido abraso

unha parella coma outras veces
cando volto a oaxaca e nos atopamos
dime nos regresaste nuestro oro

o ouro de monte albán
non foi atopado pola espada e a cruz
coma outros ouros e pratas
destes pobos orixinarios
que chingando me pide esta parella

a tumba numero sete
da milenaria cidade zapoteca
construida sobre o cerro do jaguar
que lle debía dar nome
foi atopada a medios do pasado século

a imaxe é a rua peatonal
e mais cara da cidade de oaxaca

a jaz e gaby


21-3-2013

os perifericos




os perifericos son  as avenidas

que rodean o centro histórico
ou a chamada cidade vella

á beira do periférico
está a inmensa central de abastos
e tamén a central camionera de buses
de segunda terceira ou cuarta
categoría segundo o caso
e a este espacio cheguei onte

do outro lado dos periférico
na chaira e lodo subindo aos cerros
as barriadas son cada vez máis pobres

esta cidade ten un periféfico
que ainda conserva as vias do ferrocarril
e outra avenida que cumpre esa funcion
e a cidade da que veño ten dous periféricos
periférico norte e sur

o norte e o sur
algo que nestas terras
case nunca se esquece

na cidade dos guajes


20-3-2013

o frayba e o ezln




o frayba cumpre vinte catro anos

centro de derechos humanos
fray bartolomé de las casas
que onte presentou en s cristobal
o seu informe do periodo 2006-2012
o libro entre politica sistemica
y las alternativas de vida
o frayba segue acompañando
as golpeadas comunidades chiapanecas

frayba.org.mx


os compas neozapatistas estes días
voltaron a manifestar a sua palabra
palabra de presente e de futuro
están moi preocupados polas escuelitas
polos seus chamacos e cativas pois
e non están para recibir entrevistadores
nen para estudar proxectos de apoio
e se alguen quere entregar algo ao ezln
mellor polo cidesi universidad de la tierra
e tamen nos convidan en agosto á festa
do décimo aniversario dos caracois

enlacezapatista.ezln.org.mx

20-3-2013

a terra dos altos




a terra e os corazons

da universidade da terra

os freixos do parque
do mercado de artesanías

os artesans de oventic
que puliron o fermoso ambar
para dar forma aos aretes

detras destes cerros
cecais as minas do ambar
outros grandotes freixos
e toda a terra da que aprender

por chenalhó


19-3-2013

as columnas e os arcos




trinta redondas columnas

e contamos vintenove arcos
pero so hai vinteseis farolas
que faltan outras tres

imaxe pola mañan cedo
destes edificio colonial do zocalo
destes soportais que de día teñen moita vida
e tamen nas primeiras horas da noite
as chamacas ainda venden chiches e cacahuates
e figuriñas de barro e monecas zapatistas

e logo algun sen teito acá dorme e cecais soñe

zócalo de s. cristobal


19-3-2013

do pancho e das papas




dous homes falan da fé

do fanatismo e dos crimes da igrexa
e do novo papa que chaman pancho

na rúa un papá vende papas con chile
e un chamaco xoga co seu papalote
que é o irmán do noso papaventos


18-3-2013

apoio zapatista




ai esta cidade do apoio zapatista

os altos s. cristobal de las casas

o mundo neozapatista
está presente por toda a cidade
nas pintadas grafittis e murais
nos mercados e nas tendas
con postais cartaces camisolas
palicates morralitos monecos
chaveiros colgantes …

pero bastantes destes materiais
non son dos compas neozapatistas
nen dos grupos de apoio
e as ganancias irán a outras mans
indíxenas e dignas ou non

cóstame reencontrame nesta cidade
e o pedro dime que valora marchar

tazio e julie veñen de visita
e voltan a entrar ao penal
julio césar segue camiñando
entre as comunidades e os caracois
e o seu fillo lévase duas aves de papel


as fotos da imaxe da cronika
vendense nunha tenda do movimento
a de arriba intemporal de calquer
tempo e espacio comunitario ou da loita
e a foto de abaixo unha da miles
de imaxes do solticio de inverno pasado
o dia que miles de paliacates e pasamontañas
sairon das comunidades da selva e das montañas
para decir que están aquí e con forza
e que non necesitan do capital para sobrevivir

manolo pipas