Novembro 2013

06-11-2013

un lugar común




despois de varios meses
atopámonos nun lugar común
que eu as veces evito

uns fríos saúdos
eu non me ergo do banco
e ti non aparcas o coche
e segues o teu camiño

neste tempo cortache a melena
como outro xeito de poñer
ainda mais distancia

lariño
05-11-2013

ervas e conversa




as lonxanas ervas

na auga a ferver
as nosas conversas

as nosas conversas
nesta auga quente
de lonxanas ervas

nesta morna auga
as novas conversas
das ervas lonxanas

imaxe do chamado
té de limón

04-11-2013

palabras nos muros




camiño o mercadillo de bouzas 

e os ollos vanme para unha pintada
enriba dela sentada esta velliña
e imaxino que ela entra a miudo
nese edificio para escoitar
aos que aínda mandan fóra

imaxino que outras mulleres
que antes puderon sofrir
dentro deses muros
e que fóra seguen a ser
golpeadas polos de dentro
escribiron esa xusta petición
fóra rosarios
dos nosos ovarios

o cronista



03-11-2013

estampa mañaneira




un triángulo

de luces e sombras
o toldo desta cafetería
coas suas uniformes ondas

os muros e os tellados das casas
que se caen cheos de nova vida
os pisos habitados espertando
nesta mañán soleada de dominga
que espantou aos chuvascos

na rúa as voces das cativas
que pasan debaixo das ondas
esperarme chicas

por bouzas


02-11-2013

húmido samaín




un cativo veunos pedir unha cabaza

como por estas datas nos últimos anos
que siga o xogo sen que se perda a memoria

venta e chove a cachón na ría
e tampouco neste samaín puiden voltar
ao monte louro kaaarnota e o monte pindo

a soedade e os momentos colectivos
os contos uns poemas e xa vai a festa
e as vosas danzas desta nova tribo

na casa visitas agasallos e conversas
as galletas e as ervas na auga quente
mentres chove fóra con menos forza

lariño