Novembro 2013

19-11-2013

a casca da arbore II




esta casca da aŕbore

uniforme e repetitiva
profundidade e equilibrio

árbore do bosco


18-11-2013

a casca da arbore I




os debuxos da casca da árbore

as suas formas releves e cores
e van cair uns anacos de casca
e debaixo van outras
formas releves e cores

árbore do parque






18-11-2013

a arbore e os simbolos




esta árbore das montañas

do frío e da rexións do norte
esta árbore símbolo da vida
da familia da comunidade...

moitas ábores como a da imaxe
puxéronas estes días nas prazas
para preparar unha festa
á que falta aínda mes e pico!
porqué tanta presa!?

ás veces as árbores
non deixan ver o bosque
estas árbores non nos deixan
ver a praza o barrio a cidade...

o cronista


17-11-2013

serán en lourido




en lourido hai un serán

un serán e un magosto
entre lourido e fornelos
a nosa festa do outono

a castaña é o fol
o ourizo é o vestido
o serán e o magosto
entre gaitas por lourido

ese lume pras castañas
elas dan calor as mans
e pra quentar ben os pes
unha carpa pra bailar

este ocupado cronista
por se non pode arribar
xa lles mandou este canto
nunhas nubes polo ar

o cronista



16-11-2013

carta ao capitán dun barco




meu vello capitán man-gouras

lembraste moito das túas illas
do teu mar calmo vello navegante
da longa historia das túas costas?

meu vello capitán grego
porque chegache até aquí
nun xigantesco barco de xoguete
que xa non servía para navegar
e porque che roubaron o barco
e puxerono nunhas inexpertas mans?

meu vello capitán man-gouras
esta outra longa travesía túa
once anos de pesadelos loitando
contra os elementos dos homes
porque outros che meteron nas mans
un velliño xigantesco barco de xoguete
cargado de miles de toneladas de plastilina!

lariño

 

15-11-2013

carta ao vello man




meu vello man-fred meu vello man
escriboche desde a calma da ría
hai tempo que non che conto nada
non chove pero xa chegou o frío
o frío de novembro e o frío dos malos

contoche que nos xuntamos
hoxe nunha praza nun paseo
outra vez polo que ti ben sabes

hai tempo que non vou ao teu camelle
estiven de visita por karnota e fisterra
pero os ventos non eran propicios
para seguir un pouco mais ao norte
e voltei á ria pensando nos teus círculos

cóntoche que nos xuntamos
hoxe nunha praza nun paseo
outra vez polo de sempre
pero con máis raiba aínda

hai tempo tamén nos xuntamos
chamados polo monte pindo
e seguirémonos xuntando vello man
quen sabe porque chamada

pasoche unha imaxe da xuntanza
un cativo que se fai preguntas
agarrado ao azul e ao negro

unha salgada aperta vello man

lariño




14-11-2013

moitas iolandas de filipinas




iolanda chamase esta orfa

esta viuda chámase iolanda
outra iolanda perdeu o seu fillo...
e moitas iolandas camiñan sen rumbo
rodeadas pola inmensa destrucción

miles de persoas desesperadas
as desesperadas xa pouco esperan
a natureza case sempre da a vida
pero esta vez trouxo a morte

o chamado tifón iolanda
golpeou as illas filipinas
porqué a tifóns e furancáns
lles poñen nome de persoa ?

moitas iolandas filipinas
perderon case todo
pero seguen camiñando

o cronista

13-11-2013

a 13 de novembro a sentencia




trece de novembro

once anos do prestige
e a xustiza escolleu este dia
para facer pública a sentencia
os gobernantes que daquela
algo fixeron e non fixeron
co barco e co chapapote
todos eles son absoltos

o periodista


mui ben mui ben
pois que culpen aos voluntarios
e que nos manden outro barco

un anónimo


o fedor do chapapote
rodeame hoxe outra vez
despois de once anos


coas nosas mans sacamos
o chapapote que non é noso
e agora coas nosas mans
faríamos outra cousa ben distinta
polo que é noso

o voluntario

12-11-2013

o libro e o bus




sostés ese libro

coa tua man dreita
os ollos moi fixos
as veces parpadean
unha nova paxina
pasa a man esquerda
e esa mesma man
xoga coa tua trenza
agora ergues os ollos
a tua parada chega
e baixas do autobús
entre as mans esa novela

lariño


10-11-2013

os contos da maleta da avoa




cóntame queliña
cóntame un conto
un conto por favor
da maleta da avoa
títeres de mazarocas
e a historia do papón

a maleta da avoa
está chea de contos
de contos que son verdade
ai que cousiñas tan ricas
suspiran nenas e nenos
ai que fermosas viaxes

na mañanciña de contos
de raquel queizás
onte na librería andel
imaxe xaime nogueira
www.andelvirtual.com
www.raquelqueizas.com

o cronista


09-11-2013

trio e cuarteto




trío

tres

seica cando algo
ten tres pes
nunca coxea pues


cuarteto

catro
seica cando algo
ten catro pes
compoñelo leva un rato

pipas

07-11-2013

nenas xogo linguas




unha nena acércaseme
e dime que estou sentado
no lugar onde van facer
o seu espectaculo
digo se molesto e dime que non
que o espectaculo tarda un pouco
as nenas falan castelán
e agora andan a xogar
con cancions en inglés

pero a nena dos ricitos
fixo un bo esforzo
para falarme en galego

manolo pipas