Decembro 2014

08-12-2014

fátannos 43 estudantes

 


fáltannos 43 estudantes

e miles de desaparecid@s máis

e nestes días son recoñecidos

os restos dun deses estudantes


os crimes do terrorismo de estado

nese país que chaman méxico

por ser pobres por ser indíxenas

por ser mulleres por ser reveldes...

ou por estar nun lugar equibocado


e en méxico comenza mañán

outro cumio iberoamericano

aínda máis manchado de sangue

 

palestra-coloquio contra

o terrorismo de estado en méxico

mércores 10 as 20:00 no salón

de actos da residencia bal e gay

no campus universitario de lugo

 

organiza mar de lumes

e a liga estudantil galega

 


 

 

07-12-2014

culturgal e traballo

 


nunha pequena rotonda de pontevedra

un cataz indica o camiño do culturgal

a feira das industrias culturais do país

e ao fondo unha faixa das marchas

da dignidade pedindo pan traballo...

 

na feira perdinme entre libros e cancións

documentais foros artesanías carpas

presentacións redondos proxectos

globos amistades mesas retondas...

 

a feria do culturgal dalle vida

a creadoras e traballadores

mentres comparte a cultura

que se a queres pagar

tamén a levas para casa

pasando pola rotonda

 

o cronista

 

 

 

06-12-2014

5 a lúa da rotonda

 


primeiro a tensión da protesta

e logo a asamblea e a alegría

non daban muito tempo

para ollar a lúa onte case chea

pero a lúa da rotonda

en silencio falóu

coma todas as noites

 

o lunático

 

 

05-12-2014

4 outras estampas da rotonda

 


hoxe venres as sete da mañán

re-ocupouse a rotonda de castelao

e baixo o frío agardamos o mencer

e vai espertando a golpeada obreira coia

 

as dez chegan @s da terceira idade

uns pouc@s entran na rotonda

e os xubilados ke pasaban ou leron a prensa

fican na baranda comentando con paixón

a obra ou máis ben a non-obra

 

voltaron mamás coas crianças nos janés

e unha compa co cativo no seu rebozo

iso que uns chaman panos-porta-bebés

e logo falan de montar unha rotonda-escola

 

de cando en vez alguén sae e reparte e pega

en farolas semaforos cabinas e outros soportes panfletos cartaces e copias dos poemas-cronikas

e os que máis se cabrean son

os mariñeiros e os do naval

 

pequena asamblea xantar café

marchan uns voltan outras

e novas caras sumanse a rotonda

e dámoslle voltas e re-voltas ao barco

e alguén debuxao nunha esquina da faixa

debaixo do texto das axudas sociais

co seu capitán abel e contramestre regades

e tachao cando chegaba con escribir

que na rotonda non queremos o barco


conversas e petits-comites cos obreiros

e logo cos pasmas e os pasmas cos obreiros

e unha conversa a tres bandas e máis

e non deixamos entrar aos das mákinas

e os uniformados tampouco queren facer ruido

 

un policia lokal que non era

dos que nos identificou onte

xa na conversa desenfadada

cabreado dinos que tampouco

hai cartos para chalecos anti-balas

e o seu costóulle cincocentos euros

 

nós facemos o outro ruido que faltan músicos

máis consignas concentración asamblea...

 

marchamos e o martes voltamos a rotonda


o cronista de coia

nativo e veciño da barriada

fillo dun xubilado do naval

e tamén neto de nativos do lugar



 

05-12-2014

3 propostas onde poñer o barco

 


diversas propostas onde poñer

o noso querido barco alfageme

que xurdiron dentro da rotonda

onde nós non o queremos

por demasiadas razóns

algunha proposta con frío no mencer

e outras na tarde soleada sen gorro

e non vos asustar pois

 

un veciño da rotonda di

que o poñan no museo do mar

unha residente na miñoca

propón sobre a torre de toralla

unha que vive na rúa salvaterra

quereo na veciña bouzas

con rotonda ou sen rotonda

 

un parado de lavadores 

di que o poñan debaixo ou á beira

da cruz franquista do castro

un de coia que marchou para navia

recomenda a auga dóce da praia

da freixa de puente-arenas

de onde ven o señor alcalde

 

un estudante de teis di no monte

da guía coa proa cara o mar

unha da rúa baiona propón

o turreiro da veciña matamá

parroquia onde vive o concellal

e co-responsable disto david regades

 

di o do camiño de figueirido

da rotonda baixando para florida

avenida sobre a coia histórica

que desde a rotonda ollamos

o monte alba coa capela

e o cepudo onde non quedaría

mal o barco de alfageme

para que o vexa todo o mundo

que é o que quere a alcaldía

 

un xubilado de barreras di

que o barco debe estar

a poucos metros do mar

 

voces da rotonda

 

 

 

04-12-2014

o barco a rotonda e nós 2

 


xoves oito da mañán

xs veciñxs da barriada

pasamos para a rotonda

querendo parar as palas

 

asociacións do lugar

onte en asamblea aberta

decidiron esta acción

en resposta a súa afrenta

 

coa forza da palabra

e de non sair de akí

retírase a maquinaria

e as consignas a seguir

 

non pode ser

o barco na rotonda

e as familias sen comer


ocupada esta rotonda

do mencer até o solpor

e mañán nós voltaremos

voltaremos coa razón


as veciñas e os veciños

non pedimos utopías

o barco mellor na auga

ou a poucos metros da ría


o cronista  





03-12-2014

o barco a rotonda e nós 1

 


a vista de todo o mundo

quérennos poñer un barco

nesta rotonda de coia

lonxe do seu mar amado

 

un barco con moita historia

ao concello foi doado

e por dentro foi pudrindo

nos peiraos abandoado

 

en barreras construido

e xa van setenta anos

non fica outro coma el

e arranxalo foi moi caro

 

este barco de alfageme

noutro lugar ben salgado

debía ser un museo

agora van apartalo

 

sen consultar aos veciños

querennos poñer un barco

á beira da nosa ría

nós queremos visitalo

 

costará unha millonada

na rotonda pór o barco

nós pensamos que é mellor

usos sociais pra eses cartos

 

queremos o barco

á beira do mar

os cartos do barco

pra usos sociais

 

concentración

na rotonda castelao

as oito da mañán


o cronista



 

01-12-2014

historia dos martires de sobredo

 


Poñan atención señores / o que lles vou contar

algo que acontecéu / moi perto de portugal

 

Ó redor de dous mil labregos / en guillarei se xuntaron

para defender un veciño / que ía ser embargado

 

O veciño Ignacio Gómez / os foros non quixo pagar

pero tivo un apoio / un apoio mui exemplar


As campás tocan arrebato / como si fore un fogo

era a xuntanza labrega / que loitaba contra os foros


Os foros eran un imposto / que os labregos pagaban

traballando os terreos / e do fruto non disfrutaban

 

Chegaron a forza pública / aquí ninguén os chamóu

e o voceiro do grupo / deste xeito nos falóu

 

Disuelvense por favor / tenemos autorización

que si es necesario / usemos el mosquetón

 

Esperamos un pouquiño / moito tempo nos pasóu

cando o axente de novo / nos chamaba a atención

 

Disuelvense por favor

que si no hay obediencia / usemos el mosquetón

 

Un destacado labrego / da parroquia de budiño

sin saber non sei porque / no chan caía tendido

 

Este era Venancio González / que decía con razón

traballar as terras si / pero pagar os foros non

 

Tamén Xaquin Estévez / carreteiro de profesión

nin siquiera puido ver / o que alí acontecía

cando unha maldita bala / acabóu coa súa vida

 

O mesmo que Cándida Rodríguez

que en cinta se atopaba / escapaba da traxedia

caíndo ó chan abatida / sin ter quen a socorrera

 

Que fusilamentos malditos / que tres mortes sin compasión

demasiado tarde a xustiza / lles deu ós labregos razón

 

E ó cabo de des anos / un monumento se levantóu

pero a maldita guerra civil / o monumento dinamitóu

 

Con cascallos e algo novo / volvéuse levantar

ogallá cousas tan duras/ nunca máis volvan pasar

 

Non se pagaron máis foros / incluso fóra da visbarra

máis costóulle a vida a dous homes / e a unha muller preñada

 

E así termina a historia / dos mártires de sobredo

e nalgún fogar que outro / aínda hoxe existe medo

 

josé piñeiro trillo

 

poema recitado onte en sobredo

na lembranza da lagrega e labregos

asasinados no ano 1922

na imaxe o poeta popular

acompañado por luis o caruncho

tamén interviron os organizadores

e pilar garcía negro