Decembro 2014

18-12-2014

14 de gobernantes e barcos

 

 

dixera aquel gobernante

eu non mandei as miñas naves

a loitar contra os elementos

 

o peliculeiro titanic

parece que tampouco pensaba

atoparse cun inmenso iceberg

 

o armador do prestige

sabía dos temporais de inverno

da nosa costa da vida e da morte

pero non sabía de fraga cañete rajoy...

 

o do barco costa-concordia

parece que foi unha broma

 

e o gobernante da cidade de vigo

contra quen manda estes días

o barco alfageme !?

 

máis vale honra sen barco

que barco sen honra

dixera outro dirixente

 

o cronista de coia

 

 

 

 

17-12-2014

13 reflexions rotondianas

 

 

é certo que cada día

na rotonda somos máis

pero nós recoñecemos

que tarde fomos chegar

 

que as obras empezaran

foi a primeira derrota

logo entramos ao xogo

e son varias as victorias

 

a asamblea é aberta

de coia e quen se sume

nos temos a palabra

eles poñen o fume

 

achegate a rotonda

que temos campamento

outro mundo é posible

mudemos o concello

 

o cronista de coia

 

 

16-12-2014

12 a cancion do pobo

 


canta o pobo a súa canción

nada o vai acobardar

esta é a música da xente

non se deixa asoballar

 

se che salta o corazón

cando rebumbia o reu tambor

outro porvir verás chegar

con fermoso albor

 

uniraste á nosa causa

vén e loita canda min

porque tras estas trincheiras

hai futuro por vivir

nacemos escravos ou ceibes

depende de ti!!

 

letra de os miserables

de virtor hugo cantada

estes días na rotonda

por un grupo de rapaces

e deduxo dun deles



15-12-2014

11 represion e victoria da rotonda

 

 

con nocturnidade e alevosía

esta vez foi a policía local

quen entrou na rotonda de coia

antes da nosa hora de quedada

 

nós chegamos moi poucos

e logo entran os obreiros que rodean

a rotonda con valados máis altos

nós imos sendo máis e imonos

movendo darredor coas consignas

entran a pala e os camións

e logo xa interrumpimos o trafico

e na porta hai rotondianos golpeados

 

tranquilizase a policía e

e hai varias conversas e máis cortes

e van facer un paripé de resistencia

e deixannos entrar na rotonda

 

a represión mandada polo concello

fai que máis persoas se acheguen á rotonda

e as televisións entran coa sua furgalla

e o camión quere sair pero antes

debe devolver á terra á rotonda de coia

 

asamblea e algúns fican pola noite

 

o cronista de coia

 

 

14-12-2014

unhas notas no ferry

 

 

 

              na memoria do danny



pasar un dedo ou dous

polas cordas do banjo das guitarras

case sempre saca un fermoso son

de esquerda a dereita e ao revés

en horizontal ou en diagonal

un son unhas notas unha melodía

que un que non sabe tocar

saca así como sen querer

 

aquí no ferry e no ferriñas

na praza do chao do casco vello

primeira hora da noite do sabado

o silencio e as lembranzas

a praza e o lokal e vós e nós

e tantas conversas e músicas

 

ponme un zume laila

que é cedo pro likor café

 

manolo pipas



 

12-12-2014

10 coia rotondiana manifa

 


sexto día de protesta

tres veces parada a obra

e agora xa tocaba

manifa coia rotonda

 

xuntámonos polo barco

travesas praza emigrante

atravesado este caso

entre nós e o alcalde

 

fomos moitos pode ser

vai depender do teu metro

ese barco de alfageme

en coia nós non queremos

 

responderon coia e vigo

saúdos de gamonal

alto berramos ben alto

cartos pra usos sociais


voltamos o luns

 

o cronista de coia

 

 

12-12-2014

9 venres rotondiano

 


outro mencer na rotonda

venta e a chuvia ameaza

axeitamos un coberto

chega o café coas bolachas

 

entra un feixe de estudantes

de coia dous co seu mestres

e van facer entrevistas

deste grupo consecuente

 

a voz dos empobrecidos

nun carro en megafonía

vai anunciando a manifa

da rotonda da utopía

 

a señora rosa trae

unha empanada de xoubas

hai agullas de alfageme

patatillas queixo e froitas


a tarde vai de vagar 

polas sete agardando

desmontamos e en travesas

xuntámonos polo barco

 

o cronista de coia



12-12-2014

libros alonso beloso

 


alonso e beloso

poemas pinturas

debuxos e contos

 

dúo luz e miguel

animáis e nenas

camiñan no andel

 

alonso e beloso

botaron a rede

pescaron un conto

 

pra ser feliz soñan

pluma con pincel

alonso e belosa

 

e xogan cos nenos

formas e palabras

que vencen ao tempo

 

debuxo de luz beloso

captado por xaime nogueira

versos de lariño



 

11-12-2014

platica e mexicanos en lugo

 

 

na cidade das murallas a platica-coloquio

de tanto terrorismo de estado en méxico

nun espacio universitario onde tameń

asisten uns poucos estudantes mexicas

que están acá nun entercambio

e que hai unhas semanas se xuntaron na praza

e desplegaron unhas faixas e palabras

polo seu país e compas golpeados

e a liga universitaria galega lembrou

hai días nas súas aulas aos estudantes

de ayotzinapa desaparecidos

 

a plática tamén chegan juan sosa

e leonor peralta parella de oaxaca exiliada

en lugo cos seus tres fillos por atentados

e ameazas de morte pola defensa

dos pobos indíxenas nas súas terras

tamén asiste idolina gallardo

ayuuk oaxaqueña que está de xira

por europa denunciando a inxusta

prisión do seu irmán damián

tamén por defender pacíficamente

aos compañeiros indíxenas

 

foi un duro recorrido por muitas

datas e espacios da represión

e co micro aberto do coloquio

os compas con nós falaron longo

das inxusticias dos de arriba

e tamén da comunalidade indíxena

 

logo na noite platicamos con outro ritmo

e doutras vivencias e das amigas comúns

a parella zapoteca quedóuse coa mazorca

e a compa ayuuk levou o chayote e saúdos

á amiga istmeña de pláticas por madrid


deixo lugo pola estación de autobuses

a carón da muralla romana e tamén

á beira da antiga prisión luguesa

da que queren facer un centro social


cantos golpes e canta memoria

entre estes muros das nosas sociedades


www.raicesdelviento.blogspot.com.es

www.facebook.com/juan.sosamaldonado

 

manolo pipas



10-12-2014

8 o neno que soñaba cun barco

 

 

abel caballero / amante das bromas

quer poñer un barco / na nosa rotonda

ai si / na nosa rotonda

 

loce máis bonito / o barco na costa

non o movan moito / da vila de bouzas

ai si / na vila da bouzas


millonada costa / mover este barco

moita sempre pobre / outros tiran cartos 

ai si / outros tiran cartos

 

abel caballero / alcalde de vigo?

se cadra de neno / soñou cun barquiño

ai si / soñóu cun barquiño

 

abel e regades / quijote con sancho?

os pisos xigantes / non queren o barco!

ai si / non queren o barco

 

abel caballero / como el é ghuapiño

sempre sae ben / no faro de vigo

ai si / no faro de vigo

 

abel capitán / no barquiño aguanta

perdéuse regades / na fría orballada

ai si / na fría orballada

 

vai coa música

do manuel do campo

manifestacion venres 12

as 7 na rotonda de travesas



 

 

09-12-2014

7 a rotonda as maquinas e nos

 


doce da noite do luns pro martes

e con nocturnidade e alevosía

entran unha pala e dous camións

na nosa rotonda da utopía

 

corre a voz compañeiro

e xúntanse dúas ducias

de veciños que xa paran

esta desfeita nocturna

 

e logo de dúas horas

retíranse os rotondianos

victoria de coia e vigo

que non quer tirar os cartos 


outro rotondiano grupo

no mecer pasa á rotonda

rumores de desaloxo

pero van pasando as horas


no xantar outra vez toca

varios identificados

por quer axudas sociais

e mandar pro mar o barco


vaise animando a tarde

e no solpor asamblea

e na noite voltaremos

por se as máquinas regresan


o cronista de coia

 

 

08-12-2014

6 a rotonda e coia son nosas

 

 

la ciudad pasará por encima

de los que se oponen al barco

 

abel caballero

 

 

graciñas señor gobernante abel

por retirar da avenida castelao

as dúas pasarelas metálicas

que é certo que poucos usábamos

pero vostede as retiróu

polo beneficio dos veciñas e visitantes

ou para que pasase o barco alfageme?!

 

éstes da imaxe non son os pes

do concellal das rotondas

pero ben poderían ser!

e non son os pes do alcalde

pero se lle parecen!

 

estes días botamos de menos

as pasarelas para colgar nelas

as nosas consignas nas faixas!

 

non son as cidades as que pasan

por enriba das persoas

son os dictadores e os exércitos

e os represores gobernantes!

 

vémonos mañán na rotonda!!

 

o cronista de coia