un pouquiño da longa historia
dun curioso alcaldísimo
miñas donas meus señores / nunha curiosa cidade
defende ben rancias causas / un ben curioso alcalde
por gañar uns poucos votos / por apoios doutros grupos
un non chega a ser alcalde / que este cargo ten máis truco
hai que traballar arreo / non mentir ser educado
falar pouco escoitar máis / e aprender do teu pasado
ex-ministro do felipe / cacique de cuño novo
un vigués de puente-arenas / sempre presto para a foto
mal candidato pra xunta
coa derrota das máis grandes
alcaldísimo alcaldito
aprendiz de paco vázquez
que modesto o seu partido / que señor con pouco ego
ai parece que a alcaldía / importa máis que o concello
nestes dous ultimos anos / nesta curiosa cidade
defende unha cruz franquista / un curioso gobernante
alcaldísimo este home / el é fillo predilecto
da cidade da coruña / mira ti isto non ten prezo
a súa última xogada / foi meterse cos de coia
quere poñernos un barco / entre pisos na rotonda
costará unha millonada / na rotonda pór o barco
nós pensamos que é mellor / usos sociais pra eses cartos
na rotonda tres semanas
estivemos ben plantados
e o vintetres pola noite
dela fomos expulsados
polo alcalde represor
que mandou aos de azulón
imaxe da nosa bandeira
co escudo rotondiano
o cronista