Abril 2016

18-4-2016

preguntan as vacas a serra

 


debaixo do galiñeiro

estrañas nunha canteira

a poucos metros da andaina

unhas vinte vacas marelas

fanlle algunhas preguntas

sobre os homiños á serra

 

pipas

 

 

 

 

17-4-2016

a serra o prado e a andaina

 


as nubes estaban xoguetonas

e algunhas delas ameazaban chuvia

pero ela non se manifestóu en todo o día

manifestáronse centos de persoas

 

afonso rodríguez presentóu

e falóu en nome da plataforma

pola protección da serra do galiñeiro

fran alonso leu o seu rico manifesto

e eu tiven a sorte de botar uns poemas

xa publicados neste espacio e outro novo

e das varias rutas circulares pasamos

ás rodas das danzas da bagunda

 

este prado no que estamos

está debaixo da gran montaña

ollade para ela olladea

hai unhas horas subistes ao seu cumio

pero agás eses máxicos momentos arriba

nós sempre estamos e camiñamos

debaixo da grande nai montaña

e desde aquí esiximos

serra do galiñeiro parque nacional

 

manolo pipas


 

17-4-2016

ofrenda na serra

 


en outubro do ano pasado

ía ser a sexta andaina galiñeira

pero chovéu e ventóu e chovéu

e foi suspendida a nosa ofrenda


tamén chovera como se percibe na foto

naquela reivindicativa andaina primeira

e hoxe din que algo de chuvia vai caer

e outra vez temos a andaina pola serra

a ruta circular o convivio o manifesto

poemas música … cada un a súa ofrenda

 

manolo pipas


 

 

 

 

 

16-4-2016

eu tamen son europeo

 

 

son branco e europeo

por unhas mestizaxes e unha historia común

...castrexa greco-romana xudeo-cristiana

sueva árabe …capitalista ... de miles de anos

pero tardei moito tempo en recoñecelo

porque sentía que os europeos

eran os do outro lado dos pirineos

eses que viñan facer turismo por acá

os músicos cos que fixen amistade

e as solidarias que viñan limpar o chapapote

que os seus gobernos deixaran ilegalmemte

en barco pasar polas súas costas

 

pero tempo despois compartin un tempo

e as vivencias nun espacio lonxe de europa

unha parella alemana dous ingleses unha mexicana

e sentinme por primeira vez europeo

coma eles eu tiña cartos para chegar

a unha zapatista comunicade da selva de chiapas

para facer de escudos humanos uns días

nunha acosada comunidade zapatista

e tiña a mesma prepotencia ca eles

un parecido consumismo os seus prexuizos...

pero habia outras moitas cousas

que me unían á mexicana e aos chiapanecos

 

isto escribin hai uns meses

neste longo tempo dos refuxiados

no que a europa segue a perder

a súa mestiza identidade e humanidade

 

foto da brigada agardando xuntanza

cos compas zapatistas no 2008

 

manolo pipas


 

15-4-2016

lecturas a malinche

 

 

lecturas á malinche

intercambio de poemas

na república da literatura

deste mishima café do libro

dixeron as voces europeas

keith elvira iolanda e lorna

e a comunidade dos versos

dirían aquelas voces do anahuac

entre nezahualcoyotl e malitzín

gabriela mistral rosario castellanos...

 

as nosas bravas augas das fisterras

van chegar ás costas de yucatán

as feridas de irlanda e do franquismo

son ben parecidas ás de tlatelolco

e ás da guerra de guatemala

pero as augas han voltar cheas de vida

 

lecturas á malinche

coa memoria de malitzín

a escrava mexica que se salvóu

na conquista por ser intérprete

e nós seguimos interpretando a vida

e as nosas sociedades e pasados

con todas as malinches

 

manolo pipas

 

 

14-4-2016

pequena lexitima bandeira

 


pequena solitaria bandeira

 

república fermosa palabra

dúas veces pública pois

e a bandeira faise pública

para os seus veciños

aloumiñada polo vento

á beira do parque da bouza

 

a bandeira da monarquía

leva meses nunha casa

a poucos metros dela

 

no medio do edificio

solitaria lexítima bandeira

que retiróu o fascismo

e que puxo un deses homes

para que faga pública

a súa golpeada memoria

aloumiñada polo vento

 

o cronista



 

13-4-2016

sexta andaina galiñeira



sexta andaina con ruta circular

na defensa da serra do galiñeiro

para que a declaren parque natural

domingo dezasete de abril as dez

e media da mañán en prado morgadáns

 

pola protección da serra galiñeira

de prado imos polo chan das moutas

e sobimos a eses altos da paxariña

imos pola ladeira da lomba da zorra

polo petroglifo da auga da laxe en vincios

e montes de vilas e prado morgadáns de voltas

e logo xantar xogos manifesto xogos convivio...

 

serradogalinheiro.org

 

12-4-2016

tambores do deserto

 


escoito os vosos tambores do deserto

o deserto escoito neses tambores

aos pobos do deserto escoito

escoito as vosas dores

 

pipas



 

11-4-2016

amigo galiñeiro

 


galiñeiro na distancia

bo amigo da cidade

este vindeiro domingo

cara ti imos camiñare

pola defensa da serra

sexta andaina en irmandade


baixo as xenerosas nubes

edificio árbore e casa

desde o alto da cidade

saúdan á gran montaña


serradogalinheiro.org

 

 

 

11-4-2016

mural feminista ultraxado

 


o mural das compañeiras

da marcha mundial das mulleres

foi ultraxado hai uns días

socialismo sustituiu a capitalismo

pero o socialismo non se pode destruir

porque aínda non foi construido

ao longo da nosa historia

as tentativas foron fallidas

 

o mural femisnista ultraxado

por un machista e de dereitas

así hai miles de sospeitosos

 

o cronista

 

 

09-4-2016

...palmira lesvos damasco...

 


metéuseme na cabeza hai unhas semanas

escribir algo entre a poeta safo de lésvos

as lesvianas as guerras as refuxiadas...

e logo pensei na cidade de palmira...

e onte sairon estas poucas palabras

 

 

esas palmeiras de palmira

mágoa que elas non poden contar

a milenaria historia das súas pedras

e do que non se sabe dos crimes do isis

e de todos os exércitos e guerrillas

 

que falen máis alto que as palmeiras

as primeiras e últimas lesvianas de lésvos

que berre a milenaria memoria

da golpeada poeta safo da illa de lésvos

 

que se revelen as submisas

damas do noxento réxime de damasco

e de todos os mal-gobernos de mundo

que non falen nunca máis fusiles e cascos

 

foto do ano novo de lesvos

cos chalecos salvavidas

dos que chegaron á illa

 

08-4-2016

...turquia grecia turquia...

 


os represores da unión europea

un policía por cada desprazado-deportado

que levan nun barco de pasaxe que fai

o seu traballo máis sucio de grecia a turquía

e os represores levan mascarilla!

acaso temen ser infectados?

 

algúns represaliados ollan a cámara

pero os represores non se atreven

e un deles tapa a súa cara

 

é contaxioso ser desprazado

polo capital a guerra e europa?

todos poderíamos ser refuxiados!!

 

o cronista