Decembro 2016

31-12-2016

carunchos e cantares



pédironme estes carunchos
que vos botara un poema
como deles teño feito algo
non é doada a tarefa
agardo que non me pase
no tempo coas miñas verbas

os cantares dos carunchos
con popular poesía
con letras de castelao
darío xohán manuel maría
celso emilio carlos fontes
luis correa e rosalía

graciñas cinco carunchos
polo disco dos cantares
uns cantares sen brión
polo interior polo mare
entre moaña e castela
de vincios a matamán-he

aproveito o auditorio
pra agradecer ao brión
comigo moi solidarios
ai naquela actuación
e cóntolles que aquel ogro
foi sacado do sillón

vinte dous anos seis discos
respetable tempo e curro
eu que vos sentín nacer
e que algo teño co grupo
non pensei que este camiño
fora dar tanto producto

graciñas por esas trenzas
do meu libro mexicano
pero na data das nubes
errastes en sete anos
e tamén eu vos fixera
outros títulos pro canto

e seguindo coa carpeta
nela quedóu lindo todo
grazas pola adicatoria
a miña entre poetas mortos
se cadra vos xa queredes
xubilar a este manolo

déronlle forma a este disco
instrumentais e cantigas
e nesta presentación
combidada foi carmiña
e tamén nós disfrutamos
dos pinceis de irene silva

graciñas novos cantares
pola festa deste disco
escusade algunha rima
e cumprido o cometido
aos carunchos eu entrego
un cantar en pergamiño

na presentación en vincios
sextetas recitadas onte

imaxes yankax

manolo pipas


29-12-2016

trenzas e comunidade

 


unha soa ou duas trenzas     
negras melenas trenzadas
as comunidades medran
cando os soños se entrelazan


sementeiras colectivas
con orgánicas sementes
nada somos sen a terra
sen a memoria das xentes

nas aldeas da malinche
versos morenos naceron
van trenzados en poemas
coma si foran cabelos

as raices e os camiños
as palabras como medran
outro mundo é posible
coa mais grande asamblea

poema publicado no libro
viaxe ao pais das nubes 06
musicado por pablo rial
no disco cantares dos carunchos
que se presenta mañán
en vincios as nove da noite

na imaxe asemblea zapoteca

coa outra campaña 06 oaxaca


manolo pipas




27-12-2016

gato e can

 


libre o gato
saltando valados
subindo aos tellados
e descansando

e o can
olla ao gato
detrás dos aramios
ás veces estresado

 

 

26-12-2016

silencio

 


sobre os teus beizos
o dedo en vertical
pídeme silencio

que linda estás


imaxe pilar lópez
de ayala na película
le ville de sylvie

24-12-2016

alepo halep halab

 

 

alepo alepo
halep en turco halep
halab en árabe halab
a cidade máis grande de siria
leite fresco o seu significado
que paradoxo polo que vive hoxe

alepo catro mil anos
de historia mal coñecida
desde aqueles primeiros hititas
e a cidade histórica de alepo
patrimonio da humanidade da unesco
a irmán culta e hipócrita da inxusta onu!
e onde estaba e está a humanidade
na humana destrucción duns e doutros
sobre a cidade e as persoas de alepo
de alepo de halep de halab?

o cronista

23-12-2016

camiño da via

 


a antiga vía do tranvía
entre figueirido e a bouza
deixóunos este camiño
por onde imos nós
os cans os carros...
e de noite sobrevoano
uns poucos morcegos

cando paso polo camiño
saúdo a base do poste
que sostiña os cables
dos entrañables tranvías
saúdo aos seus fantasmas

pipas



22-12-2016

solsticio de inverno


solsticio de inverno
e vos estades de festa
que pagan os doutras terras
por vos obrigados ao inferno

 

lariño



20-12-2016

en branco

 

o papel a pantalla en branco


e non saen palabras e versos


pero o vertigo non é tanto


hoxe tampouco hai imaxe


que acompañe os palabros

 

lariño

 

 

18-12-2016

goldi libre insubmiso

 

 

goldi libre autorretrato dun insubmiso

 

preso nos carceres de felipe gonzález

 

 

memoria dun antimilitarista

 

e de moitos outros presos

 

e dunha parte do movimento

 

 

logo do último nome escrito na faixa

 

o cheiro do sprai que nos acompañaba

 

daquela en moitas noites

 

mantívose na sala varios minutos

 

mentres goldi seguía a contar a cantar

 

a reflexionar a dialogar co seu pasado

 

e durante estes anos

 

algunhas pintadas pola liberdade

 

deses presos foron mantendo

 

a memoria daquela loita

 

cada vez máis borrosas


nas paredes dalgunha das nosas rúas

 

e nos muros das prisións deles

 

 

imaxe de onte na sala ártika

 

pipas insubmiso

 

 

 

16-12-2016

tributo a leonard cohen

 



canta e susurra


de montreal a illa de hidra

 

suzanne nancy marianne...

 

e pecha os ollos debaixo

 

case dentro do sombreiro

 

mentres agarra o micro

 

forte coas dúas mans

 

o rapsoda velliño

 

 

onte cantamos recitamos

na pecera a leonard cohen

graciñas nuria damian servando

nico anxo vanessa roxana pepón 

rosa tato e leo compas da trova

 

15-12-2016

memoria dun insubmiso preso

 

 

 

 

terceiro grao

 

 

 

inverno inverno

 

que longo inverno

 

o vento pasa rosmando

 

e colga novas consignas

 

nos retorcidos aramios

 

 

 

inverno inverno

 

que longo inverno

 

o frío que vai calando

 

nos muros novas pintadas

 

denuncian aos secuestrados

 

 

 

inverno inverno

 

que longo inverno

 

as noites non dan pasado

 

insubmisas as conversas

 

un compa xa cumpre en marzo

 

 

 

inverno inverno

 

que longo inverno

 

espertas sobresaltado

 

os soños dan contra as reixas

 

e segue o terceiro grao

 

 

 

inverno inverno

 

que longo inverno

 

mencer que non da chegado

 

por fin dan a hora e saes

 

mais segue o terceiro grao

 

 

 

o día o día

 

que curto o dia

 

están chamando os aramios

 

terceiro grao compañeiro

 

e o mundo dache un portazo

 

 

 

inverno inverno

 

que estaño inverno

 

hai carta dos teus paisanos

 

a lúa sobre a prision

 

a lúa faltalle un cuarto

 

 

 

 

 

a manolo caride

 

poema-canción publicado no libro

 

marzo abril e outros naufraxios 99

 

e hoxe para outro compa antimilitarista

 

 

 

GOLDI LIBRE (autorretrato dun insubmiso


preso nos cárceres de Felipe González)”.

 

na sala ártika beiramar 113
venres 16 e sábado 17 as 21.30

e domingo18 as 20.00

 

 

14-12-2016

soños e pesadelos de goya



sueños y pesadillas de goya

 

desde as pinturas costumistas

 

até os desastres da guerra

 

exposición do pintor antibelicista

 

nun país que nacéu dunha guerra

 

e que seguiu en guerra permanente

 

 

 

en terras de israel aprenderán

 

algo os sionistas da obra de goya?

 

 

 

mentres moitos israelitas soñan

 

os palestinos viven un pesadelo

 

e agora tamén penso en mosul

 

en palmira i en alepo

 

 

 

o cronista