Outubro 2017

31-10-2017

palabras de viglietti

 


-¿De qué se trata "Canciones

donde memoria y futuro bailan juntos"?

¿Es una selección particular? ¿Una antología?

El nombre no pretende ser una antología
memoriosa de mis canciones o del conjunto
de mi repertorio que abarca a veces otros autores...

-¿Qué vamos a escuchar en esta gira?
¿Qué músicos lo acompañarán?

-Los invitados son invisibles,
dicho con el respeto histórico que me merecen.
No se los verá ni oirá directamente, pero estarán,
cada uno a su modo: Violeta Parra, Mario Benedetti,
Eduardo Galeano, Atahualpa Yupanqui, Buenaventura
Luna, Antonio Tormo, Alfredo Zitarrosa,
el cura colombiano Camilo Torres y el Ché,
nacido en esta patria pero nuestro americano.
O sea que vengo sin banda de músicos
propiamente dicha.

-¿Sabe de qué se trata el homenaje
que le van a hacer en Chile en octubre?

-Espero que sea mucho menor que los que merece
y se le harán a Violeta Parra, a quien conocí
y admiré y canté, cuando poco de eso se le acercaba
a ella en Chile y en otras partes. Tras su muerte,
empezaron los homenajes y tras la dictadura
es una bandera de resistencia, como Víctor.
Agradezco a Chile, desde ya, este abrazo
en que yo soy un simple delegado de mi pueblo.

...


daniel viglietti en mendoza

a entrevista de pablo pereyra 

publicada en losandes.com.ar
o pasado 15 de setembro


dias despois do seu ultimo

recital en montevideo

onte morreu o grande cantor



31-10-2017

l'estaca

 


L'avi Siset em parlava
de bon matí al portal
mentre el sol esperàvem
i els carros vèiem passar.

Siset, que no veus l'estaca
on estem tots lligats?
Si no podem desfer-nos-en
mai no podrem caminar!

Si estirem tots, ella caurà
i molt de temps no pot durar,
segur que tomba, tomba, tomba
ben corcada deu ser ja.

Si jo l'estiro fort per aquí
i tu l'estires fort per allà,
segur que tomba, tomba, tomba,
i ens podrem alliberar.

Però, Siset, fa molt temps ja,
les mans se'm van escorxant,
i quan la força se me'n va
ella és més ampla i més gran.

Ben cert sé que està podrida
però és que, Siset, pesa tant,
que a cops la força m'oblida.
Torna'm a dir el teu cant:

Si estirem tots, ella caurà...

Si jo l'estiro fort per aquí...

L'avi Siset ja no diu res,
mal vent que se l'emportà,
ell qui sap cap a quin indret
i jo a sota el portal.

I mentre passen els nous vailets
estiro el coll per cantar
el darrer cant d'en Siset,
el darrer que em va ensenyar.

Si estirem tots, ella caurà...

Si jo l'estiro fort per aquí...

luis llach

l'estaca canto-hino antifranquista
deste trobador e deputado
independentista dun parlament
disolto polos amigos de franco


30-10-2017

volta a vida

 


camiñando polo monte queimado
entre centos de arbores mortas
pensamos que non queda vida
pero na arrasada espida terra

se rebelan novas follas


por matamá


 

29-10-2017

arderon até os nomes

 



terras da ghaspara
maruxento millaradas...
canta e canta vida arrasada
arderon até as pedras
e até arderon os nomes da miña tribo

debaixo de carballos e salgueiros
as follas secas protexen o chan
pero son follas que cairon
logo de que as secara o LUME

imaxes de onte

entre freixo e matamá

duas semanas despois


 

27-10-2017

republica catalana

 


independencia
por esencia independencia
independencia por conciencia
por transparencia independencia

republica catalana pois
e alguns seguiran a loitar
contra o capital

mentres a represion

disolve o parlament

estitue o govern...


caiu a monarquia en catalunya

pero a ver por canto tempo

e segue o procés

que se cadra é tan longo

como esa senyera

da cadea humana

da asemblea nacional

catalana



 

25-10-2017

do monte catalan

 


o monte catalan arde pouco
porque ali hai algo de autogoberno
pero este xa non abonda
porque o lume dos madriles
con leis post-franquistas e policia
esta golpeando a terra dos segadors

jordi cuixart preso politico
por traballar pola cultura catalana
jordi sanchez tamén está preso
por ser catalán e asambleario
e presos os dous jordis por ser pacifistas
porque non se atreven a meter na cadea
a todos os deputados independentistas
e a presidenta do parlament

nos madriles falan dun presidente
de catalunya en rebeldia
pois ogalla fose mais rebelde
e tumbara xa a estaca


jordi cuixat e jordi sanchez

entregaronse a in-xustiza espanyola

decidiron pois non botarse ao monte

o cronista


22-10-2017

cronika desta golpeada terra

 


coma cada domingo ou sabado
que nos manifestamos en compostela xuntamonos
e saimos de debaixo das arbores da alameda
camiñamos o asfalto entre edificios de cemento
e camiñamos as pedras entre casas e casonas
de granito das nosas vellas montañas
que no seu tempo baixaba en carros
de madeira das nosas arbores...

vale mais unha terra con arbores
nos montes que un estado con ouro
nos bancos escribiu castelao
e esta frase estivo presente na chea quintana
pero el falaba da nosa terra de arbores
cando habia mais carballos que piñeiros
e os arcolitos so eran arbores ornamentais
e onde estamos agora?

a manifestacion contra a lei de depredacion
defendeu esta terra das empresas que a saquean
as empresas todas se construen sobre ela
e a quintana foi levada en bolsiñas
terra queimada de moitos lugares do pais
e nas letras contra o lume pintadas no chan
da quintana puxeronse as bolsiñas acompañadas

de follas e landras de carballos

estamos cercados polo lume
e rodeados de terra queimada
pero hai algo ainda moito peor
estamos cercados polo pp-psoe

na alameda e na quintana
tamen estiveron os bombeiros forestais
coa sua afumada roupa de traballo
e topeime a un compa apaga-lumes de baixa
por unha doenza no corazón e o domingo
na casa o corazón doeulle ainda mais

e nós voltamos a alameda
e baixo as suas arbores e a beira
da charca dos parrulos comimos
e bebimos o que nos regala a terra

o cronista


21-10-2017

as mortes do desgoberno

 

 


angelina maximina
alberto marcelino
son as mulleres e homes
mortos polos incendiarios
e hai culpables e complices

o  pp  e  a policía 
uns prenden outros pagan
outros miran pra outro lado

os lumes que se reproducen 
moitos manipulan minten ...
a lazarillas conselleiras
e secretario feijoo...

chan-de-brito e comesaña

carballeda de avia... 

e nós non esquecemos



arde o monte e o bosque
arden prados arde a terra
arrasando moita vida
pouca que se recupera

arde o monte arde o bosque
os cultivos as vivendas
nesta terra o desgoberno
sementando so miserias

arcolitos celulosa
constructoras e mineiras
e o pp so nos dan lumes
con mortes e mais miserias

defendamola entre todas
non perdamos esta terra
defendamola entre todas
non perdamos esta terra


manolo pipas



 

20-10-2017

o lume e a familia

 


este pasado domingo quince

un día que non imos esquecer

o lume dos homes do desgoberno
chegou á vivenda da familia
a parella e os tres pequenos
na insua de pontecaldelas
co seu bus reconvertido en casiña

e unha cociña e baño de madeira

á beira da verde floresta
e non foi a primeira vez
non foi o primeiro ano
que o lume se lles acerca 
pero desta volta un veloz
lume co cambio de vento
queimoulles o bus con todo dentro
logo de que sairan correndo os cinco
 
para saber mais deles
e se queredes apoialos
@elenaharrypontecaldelas
pero son moitas as familias
que perderon todo ou moito

unha aperta harry e elena

pipas

 

 

18-10-2017

os depredadores do pp

 


a chamada lei de fomento
da implantación de iniciativas
empresariais en galicia,
coñecida por nós as de abaixo
como a lei de depredación
foi aprobada no parlamentiño
polo rodillo franquista do pp

as empresas do terror
as papeleiras as mineiras
as eolicas os campos de golf...
teñen ainda mais facilidades
para arrasar este rincón
dos restos do franquista
borbonico imperio español

en compostela manifestación
o domingo as doce na alameda
paremos a lei de depredación


18-10-2017

poesia polos povos oprimidos

 


pola soberania dos povos
recital poetico colectivo
polos povos oprimidos
de catalunya a chiapas
pola defensa das culturas
do kurdistan ao sahara
pola defensa das terras
das linguas da historia
contra as multinacionais
e as fronteiras do capital

recital poetico no faisca
venres sexta 20 as 20 horas

para os povos soberania



17-10-2017

victimas culpables complices

 


angelina maximina
alberto marcelino
son as mulleres e homes
mortos polos incendiarios
e hai culpables e complices
uns prenden outros pagan
outros miran pra outro lado
outros manipulan minten ...
a lazarilla conselleira

e monaguillo feijoo...

e os que golpean galiza son amigos
ou esbirros dos que golpean catalunya

e o fume e a solidariedade e a chuvia

e a memoria tampouco teñen fronteiras

e as faixas do nunka mais

voaron outra vez mui lonxe

ate a meseta o mediterraneo...


todas somos angelina e maximina
todos somos alberto e marcelino
e todos somos jordis

 

o cronista