Xaneiro 2018

17-1-2018

perfilando nubes

 


as nubes móvense
logo da chuvia sobre os campos
e van perfilando as nogueiras
cos seu brancos

en figueirido

 

 

16-1-2018

o vigo que non sorri



o vigo que non sorrí
non tedes que buscalo
mui lonxe das vosas casas
o vigo que non sorrí
está en case todas as rúas
desta inxusta cidade

o vigo que non sorrí
das excluidas e golpeados
está ignorado polos gobernantes
e por iso a exposición

de fotos de aaron diez
acercouse a tamén ignorada
acampada contra a pobreza

na mesma praza do cortello
pero o vigo que non sorrí
foi represaliado polos goas
os matóns do alcaldísimo
retiraron a exposición
porque non tiña permiso
e agora agarda nunha tenda
futuros acontecimentos

que é longo o camiño

os represores sempre

acaban caíndo

o cronista


14-1-2018

ofizina cultural



a ofizina cultural
de salzeda de caselas
nace nesta venda nova
entre xantar e merenda
baixo unha chuvia rebelde
neste trece das xaneiras
entre louriña e condado
por estas miñotas terras

a ofizina xa pariu
este espacio de madeira
e o convivio foi xuntando
a unhas xentes ben diversas
teis calvario coia bouzas…
trece catorce salzedas...
graciñas ao mestre serxio
miriam joao elías i eva
son @s cinco fundadores
desta fermosa asemblea

na venda nova
manolo pipas


13-1-2018

ernesto guevara sempre che

 


ernesto guevara sempre che

poema en verso libre e unha décima guajira

 


              la era está pariendo un corazón
                 silvio rodríguez

 


ernesto guevara de la serna
o home o guerrilleiro o político
o fusil a palabra a foto o símbolo...
poño en versos a miña cativa homenaxe

ernesto che guevara che
argentina cuba o congo bolivia
os soños os camiños as victorias
as derrotas as sementes...
xa cincoenta anos dúas xeracións
que che debemos e canto fallamos?

ernesto che guevara sempre che
brevemente que che podo contar
e explotación e o capital
están ainda máis fortes
pero se acerca o colapso
e chegará o seu fin
pero penso no teu continente
e nos paises do sur
e penso en voltar á terra
como os meus compas das selvas
e das montañas zapatistas


che guevara comandante
che argentino e cubano
din que van cincoenta anos
que foche preso en combate,
asasinado mais lates
dos andes ao malecón
e hai pouco fidel marchóu
contigo e con camilo,
e volvestes ao turquino
que  viva  a  revolución


recitado onte no andel

guevara sempre che...


manolo pipas



12-1-2018

galiza catro provincias



la coruña lugo orense i pontevedra...
cantábamos todos na escola
nos últimos anos do franquismo
e nos primeiros cursos da transacción
nesa que aínda moi mal seguimos 

xoves once de xaneiro republicano
micro aberto negra sombra propón
que fagamos un poema ou canción
co tema da galiza o país dos castros
e dela moitos poemas xa teño enredado
sigo agora con outro texto algo retrancón

la coruña lugo orense i pontevedra bis
galiza e galicia o galego e el gallego
e as catro actuais provincias dos borbóns
pero antes eran sete as nosas rexións
fillas dos castros da gallaeccia dos suevos

ei carballeira agora o pais dos arcolitos
o pais da chuvia agora secas e lumes a fartar
que pasaría se queimamos o pazo de meirás?
chorarían francos fragas feijós e marianitos

do miño ao eo e o navia
das rías baixas ao bierzo
seica é o territorio do galego

e por defender a nosa cultura 

temos independentistas presos
separados fomos da lusitania
pero as fronteiras son trapalladas
e co sur que ben podemos entendernos

la coruña lugo orense i pontevedra   bis
populares soe o bloque e as mareas
hai magostos maios entruidos e fogueiras

os irmandiños os séculos escuros
rosalía curros castelao e celso emilio
a nosa terriña a emigración e o exilio
e autonomía sen autonomía mal futuro

do camiño de santiago ás tractoradas
os chapapotes os lumes as pancartas
e no medio da escaleira nós seguimos
un chanzo máis abaixo e mais perdidos
 
galiza pouco queda do teu matriarcado
das formas comunais da comunalidade
galiza van a máis os teus feminicidios
coa complicidade de medios e gobernantes

la coruña lugo orense i pontevedra bis
pero antes foran sete as provincias
coruña betanzos mondoñedo
lugo ourense tui e santiago
seica galiza foi un grande reino
pero todos nós somos republicanos

romerías luar sardiñas e lacóns
panorama futbol seráns e rocan-rol
hai caciques narcos curitas e ladróns
caballeros zaras ghayosos e feijós

recitado e cantadas as cursivas
onte no uf negra sombra

 

manolo pipas

 

11-1-2018

de volta á casa



de volta a casa quero
ser libre non valente

ela non voltóu a casa
non puido nen chamar…
coitada diana

non queremos camiñar con medo
non queremos ser xulgadas
pola nosa roupa
non debemos ser controladas

o medo fainos ceder espacios
mudar os nosos camiños
renunciar a actividades

querémonos vivas

palabras e imaxe do manifesto
e accion da marcha mundial
das mulleres na machista
e máis inxusta cidade de vigo


10-1-2018

camiño de quintela

 


díxome a prima lolita
que moito escribo de coia
mais nada saiu de quintela
xa me poño pois coa obra

camiño e barrio da tribo
do que quedan dous anacos
onde nacéu noso avó
e o pai de lolita nando

fernando casa en quintela
coa nosa tía manola
os correa e as villar
mui boa xente de coia

eduardo atopa muller
alí perto por balboa
e marchou pra figueirido
coa nosa avoa vitoria

quintela foi no pasado
o camiño pra baiona
das travesas até o alto
casas talleres e hortas

a lechería e reimán
o taller do tío cándido
e onde se cocía todo?
na  barbería do álvaro

a última casa de quintela

onte nunha húmida

e borrosa foto


manolo pipas



09-1-2018

poemas galegos ao che

 


A Asociacion de Amizade
Galego-Cubana  Francisco Villamil
e a Asociación Galego Bolivariana
Hugo Chávez( AGABO) e a libraría Andel
convidanvos  á presentación do libro
POEMAS GALEGOS AO CHE
con textos de Celso Emilio Ferreiro

Anisia Miranda Xosé Neira Vilas

Uxío Novoneyra Manuel María

Eliseo Diego Salvador García Bodaño

X L Méndez Ferrín Farruco Sesto Novás

Pepe Caccamo Luz Fandiño Anxo

Angueira Marta Dacosta Manolo Pipas…

O acto celebraráse o venres, 12 xaneiro
ás 20 h. en Andel (vigo Camelias, 102)
coa presencia dalgunhas das súas voces

 


...ese gran lagarto verde
che guevara comandante
camiña pola rompente
nestes tempos tan sangrantes
máis razóns pra ser rebeldes...

 

 

08-1-2018

os outros 8 apelidos catalans

 


os outros oito apelidos cataláns
chamase unha pelicula ou mais ben
un culebrón por escribir e rodar

os oito apelidos cataláns
pereceu escrito e dirixido
desde madrid saragosa sevilla…
os outros oito apelidos catatáns
é unha proposta desde galiza
que lle mando aos bos e xenerosas
catalanistas de abaixo-a-esquerda
e se hai algún apelido de sospeitosa
orixe son cousas da mestizaxe
agora chamada globalización 

na cronika anterior
foi o episodio dos republicanos magos
e agora falo dun posible capitulo
proposto logo dunha conversa
con compas chegadxs d’noia e llobregat

oito independentistas de catalunya
foron elexidxs deputados aínda
estando presos ou desterradas
acusados duns supostos delitos
segundo unhas leis post-franquistas

forn ponsatí puig serret sánchez
comin junqueras e puigdemont

son os outros oito apelidos cataláns


entón entendo que miles e miles
de persoas que votaron por eles
declaráronos inocentes inoceeentes
e esas persoas son de catalunya
mentres as leis e os represores
son de madrid capital do reino


posdata
e o sentenciado cuñadísimo do rei
o urdangarín cando entra en prisión!?

unha abraçada


07-1-2018

follas no portal



a trinta metros da pequena casa
os carballos e outras árbores
van coidando dela e de min
e o vento trae as súas follas
que son as caducifolias
que máis tardan
en cair

pipas



05-1-2018

tres republicanos magos



as historietas son contadas
segundo os intereses de cada quen
e os contos sofren cambios e engádegos
e neste caso hai consenso en pouco
eran tres magos que vinyan de oriente…
o que levaban vai ti a saber que pois
e se non eran reis serían republicanos
e mira ti que este país do conto de hoxe
está xustinyo no oriente das espanyas...

seica hai tres republicanos

magos revoltosos da catalunya
sen barba postiza e que non
precisan nen traxes nen carrozas
nen danzantes bufóns e escravos ...
para facer a súa xusta maxia
e mesmo presos polo herodes-borbón
adiantaron os regalos que seica foron
miles e miles de votos de esperanza
...

 
seica o contraponto desta historia
son tres esperpentos de barbas postizas
con toda a parafernalia do conto oficial
carísimos traxes e moita maquillaxe  
e con carrozas escoltadas por pikoletos
pero seica van de reis de occidente
e so a rainya ten algo de maxia
e es@s tres mui mal arrimados

xa sabedes ben quen son...


o contador

 

 

03-1-2018

rebeldes elefantes de papel

 


pra facer un elefante
un paquidermo de papel
a folla origami debe ser
grande muuuui graaaaande 

enooorrrmes os vosos soños
polas sabanas polos mares
van navegando estes contos
camiñan sempre pra diante

a salinas e o pirata
eses dous nomes mariños
os sabores e a solidariedade
nos vosos salgados escritos

e puxéronlle os patucos
a este libro elefantiña
e co seu corazón farruco
da pasos de rebeldía
aplastando malos gobernantes
e sementando máis utopías

a maría salinas e berto pirata
presentando no café de catro

a catro elefantes de papel

e deixaron este mariño lokal 

e a travesía segue cara o sur

pras costas e terras das tegras 

manolo pipas