Xaneiro 2018

31-1-2018

a tua lua



desde a túa terra
amiga en poucas horas
a lúa podes vela muito mellor

 

 

 

 

 

 

28-1-2018

laranxas e camelias

 


elas chegaron do extremo oriente
as laranxas e as camelias
hai séculos quen o diría
de moi lonxanas terras

camiño da vía




26-1-2018

cantora na praza

 


ben abaixo e a esquerda
apoia a querida cantora
nesta praza das viguesas
xunto a panificadora
acampan contra a pobreza

enriba da praza da eira
a   política   traidora
tamén ten medo a rockeira


pipas




25-1-2018

vicvs e tantos ananos

 


vicvus lugar do común
de novela negra falan
etiqueta  comercial
que so toca algo da trama
desta obra tan plural
vigo o suído e caracas

novela da emigración
homenaxe á arquitectura
á serra e a celso emilio
que fuxíu da dictadura
a ese país dos anacos
con máis cartos que cultura

historia de idas e voltas
e regresan as mentiras
entre a crise destes anos
e o poder que arrasa vidas
ai vicvs cidade inxusta
nesta tan golpeada ría

presentada novela negra
vicvs un lugar do común-e
nese clube faro de vigo
ai beto que escuro clube


vicvs. un lugar do común

de beto luaces publicada

por bolanda e presentada

por beto e teté rocamonde


manolo pipas


25-1-2018

entre vimbios e noces

 


doutros vimbios irmáns destes
das terras de mallóu karnota
cortados secados entrelazados...
por marselo da eiradabaixo

naceu unha cesta na que agora
están as noces desas nogueiras
acompañándome e agardando
chegar a algunha mesa


foto da canteira e da cova

nas terras de coia

 

 

 

24-1-2018

elefante de teresa moure



seguín atopándome con elefantes
tamén de graaandoootas orellas
bichos urbanos e en papel...

un elefante no armario
historia de teresa moura
voz que xoga cos animais
seducíndonos coa súa obra

ela que violóu o lobo feroz
agora nos pide que matemos
o grandote ervívoro que todos
temos dentro do armario

e seica a parella protagonista
gosta de comer laranxas
para celebrar a vida…

 


na presentacion do libro
de teresa moure escoitandoa
con brais arribas e ramón nicolás

no centro social libraría andel


manolo pipas


 

23-1-2018

mendigo de nicanor parra

 


Mendigo

En la ciudad no se puede vivir
Sin tener un oficio conocido:
La policía hace cumplir la ley.

Algunos son soldados
Que derraman su sangre por la patria
(Esto va entre comillas)
Otros son comerciantes astutos
Que le quitan un gramo
O dos o tres al kilo de ciruelas.

Y los de más allá son sacerdotes
Que se pasean con un libro en la mano.

Cada uno conoce su negocio.
¿Y cuál creen ustedes que es el mío?

Cantar
         mirando las ventanas cerradas

Para ver si se abren
Y
   me

       dejan

               caer

                     una
                           moneda.

 


Nicanor Parra

 

 

23-1-2018

nicanor parra poeta



para que veas

que no te guardo rencor

te regalo la luna


versos de nicanor parra

que me acompañan

desde hai moitos anos


patriarca nicanor
como o elefante da poesía
grandote e mui lonxevo
nicanor parra o antipoeta
o escritor dos artefactos
o contrapoeta o ecopoeta...
o chileno mestizoamericano
patriarca da literaria

e musical familia parra
a longuísima memoria da tribo

nicanor parra 1914 2018


su salud estaba un poquito deteriorada

pero falleció a causa de los años...

lo vamos a despedir bailando y cantando

e non lle escribin nada antes
por se lle molestaba


manolo pipas


 

21-1-2018

elefantes na tarara

 


elefantes na tarara
literaria  e  musical
co seu arrecendo a mar
presentes as refuxiadas,
o libriño ven da garda
tamén mar de catro a catro
elefantiño da os pasos
chanzos moi humanamente,
capitanas e grumetes
que vaia lonxe este barco

din que a solidariedade
é un grande pozo sen fondo
sen fondo lagos e mares
dende grecia até o congo...

elefantes de papel
de relatos con sabores
os corazóns con razóns
namoros  e  des-amores
e contra os males do mundo
moitos lápices e cores


décima cuarteta e sexteta

recitadas onte na tarara

co poema tegra soña con áfrica
para o libro elefantes de papel
de maría salinas e berto pirata

e os proxectos solidarios

con-razones e lápices y colores

manolo pipas




20-1-2018

alcaldisimo e acampada



alcaldísimo e acampada
ou as cousas do alcaldísimo 3

ese alcalde populista
ese que moito sorrí
non quer ver a realidade
da nosa inxusta cidade
e moito anda a mentir


ese alcalde iluminado
quixo tapar as miserias
con millóns de lucecitas
mais non cobre a inxustiza
nen toda a luz dunha estrela

ese abel o alcaldísimo
mal defende as nosas illas
co seu conto trasnoitado
pra que as sigan estragando

moitos miles de turistas

 

director de cabalgatas

adorctrinador de nenos

con cómplices profesores

xeneral sen uniforme

gran capón do galiñeiro


máis popular que o p

cabaleiro sen cabalo

gran azote das mareas

capitán co barco en terra

aínda nos doe ese barco


contra a pobreza acampada
na praza deste cortello
xunto a panificadora
desta cidade a traidora
que desgobernan pendejos

ese abel da cruz franquista
tenlle medo a unha acampada
aos pobres e as verdades
de vigo a inxusta cidade
que acampan nesa gran praza
ese abel das lucecitas
tenlle medo a unha acampada

 


recitado no uf no evento

de apoio a acampada cos poemas

o vigo que non sorrí e as cousas

do alcaldisimo 2 xa publicados


o cronista rotondiano



19-1-2018

parlament presidents



dezasete de xaneiro
constituido o parlament
elexido polos pelos
da cámara o president
republicano como non
e de esquerra este torrent
e botaremos en falla
a carminya forcadell

agora a parlamentar
i elexir novo govern
o puigdemont no exilio
será novo president!?
que non esqueza madrí
que o sol sae polo orient
polas illes balears
por girona e cadaqués

a catalunya compays
agarda un novo mencer!?

o cronista

18-1-2018

mencer

 

 

 

a portiña do mencer

 

coas súas cortinas!

 

que me dis muller?

 

 

na florida