a joshu beti chicha
e toda a familia
nunha cativa praia
despedimos a sesé
case un ano despois
e falóu joshu golpeado
pero mui enteiro
e contóunos nuria
e botóu uns versos de sesé
herida y tras herida
viene otra
como queriendo ver
donde mata
y al final de tanta bala
solo queda un boquete
en forma de nada
e logo seguín eu
xuntáramonos miles en chapela
naquel concerto por sesé en xuño
a pesar dos atrancos do alcalde
e recosntruistes a vosa casa...
e logo en xullo no mistura teis
xuntámonos algúns baixo os carballos
pola necesidade de encontrarnos...
e daquel grupo de apoio á súa familia
agora lembro especialmente
aqueles días e as palabras de carmen
o día despois do festival
...cando empezóu a chover
algunhas, non fun eu sola,
percibimos a chuvia
como unha mensaxe de emoción
por parte de Sesé,
tamén me fixei no solpor
cunha luz moi especial desas máxicas,
abríronse un pouco as nubes
e me pareceu un sorriso por parte dela...
sesé na memoria
e esta semana atopei
do seu concerto os cartaces
nos muros das rúas do centro e teis
e perderon cor pero non a mensaxe
ría amiga de areaslongas
neste rincón de chapela
longa a memoria de sesé
salgadas flores por ela
manolo pipas