Febreiro 2018

28-2-2018

cara o 8 de marzo en folga



8 de marzo folga de mulleres
escoito que elas queren facer
e como sempre apoio ás rebeldes

as feministas andan a manifestar
que sen elas se pararía o mundo
certo e ogallá o puderan demostrar

as horas que cada unha poida
folga de coidados folga laboral
folga de consumo folga feminista
folga das nosas irmáns

 

 

27-2-2018

arbore pola memoria

 


perto da muralla de lugo
a parella oaxaqueña exiliada
ensinoume a placa e a árbore
viva memoria símbólica
do domincano juan almonte 

e de toda persoa desaparecida
camelia que foi trasplantada
o dia dos dereiros humanos

17 de decembro baixo a chuvia 
árbore agora florecendo
e as flores ao cair
abonarán a terra


a juan leonor e familia

juansosamaldonado.wodpress

 

 

27-2-2018

mil libros de poesia

 


cincoenta anos de poemas
mil libros de poesía
cumpre visor estes días
a visión da sementeira

o milésimo volume
a machado unha homenaxe
antonio looonga viaxe
noutras voces como lumes

os libros en capas negras
de todas cores os versos
a memoria o ritmo o tempo
visor con novas colleitas

grandes vates de visor 
no meu andel varias voces
mario violeta cohen
ida gonzález tuñón...

manolo pipas 

25-2-2018

vida si mina non

 


manifestación e pequena tractorada
contra a reapertura da mina de cobre
de touro-o pino que é unha ameaza

berramos como galegos
mina touro-o pino non
non queremos máis expolio
non máis contaminación

mina non vida si
a mina que xa funcionóu
sabemos que trae morte
o río baixa marrón


moitas veciñas aplaudían aos tractores

outros na beira rúa ollábannos calados

e na bisbarra moitos cartaces visibles

pero en touro algúns foro arrincados


si a vida    non a mina

si a auga   non a mina

si a saude   non a mina

si a terra    non ao expolio

lemos nunha faixa


esa mina tururú
que a metan polo cú
catro postos de traballo
que os metan no carallo

escoito antes do manifesto da masiva
manifestación na pequena vila de touro

contra a mina de cobre en touro-o pino
e a certa contaminación da mina
pode estragar o río ulla a ría...

 

minatouroopino non
texto e imaxes colectivas



25-2-2018

coma un irmau che falo



a vosa-nosa rede-refuxiada é pequena
e somos poucos coa vella consigna
non no noso nome
e con outras tráxicas verdades

debaixo dos noxentos bankos
compas desprazadas refuxiadas…
e moitos non están porque
non queren saber ollar pensar…


nun paseo sabado as seis da tarde
os manifestos a batukada os poemas...
camiñan ao meu rente moitos homes
non os coñezo sonme estranos
pero ti que alcontras alá lonxe
máis alá das sabanas e das illas
coma un irmau che falo…
cantamos irmaus de celso emilio
e poucos que camiñan rente a nós
se paran a saber pensar sumar …

e nós marchamos algo frustrados
o café o desasafogo e mañán outras
e mesmo eu non pensaba escribir
e fixeno logo no mesmo paseo
escoitando a un solitario guitarrista

que gañaba unhas moedas na rúa
vello coñecido de cando íamos
detrás doutras xustas consignas
insubmisas contra o machismo
o capital as guerras...


nunha terra emigrante

con pouca memoria!

un europeo?



 

24-2-2018

rosalia que non nos falla

 


un vintecatro de febreiro
coma hox gomando novas follas
no ano mil oitocentos trintesete
nacía a autora do camiño
branco e da negra sombra

escoitei a helena villar
janeiro falar de rosalía
na tarde do pasado martes
no café literario badía
e a escritora do cebreiro
logo de falar da súa vida
contóunos de cando levaba
a casa museo fundación rosalía
nesta casa pertiño do río sar
onde pasóu os últimos días
os seus dous últimos anos en padrón
e dixo helena  rosalía e a lingua
son dous dos nosos grandes símbolos
e se a lingua falla rosalía non

imaxe entre o sar e o ulla
na vila de padrón 

24-2-2018

golpe de estado permanente

 


un golpe de estado diario
dan o pp e os xuices neste estado
á sanidade ao ensino ás mulleres
ao periodismo á xustiza aos xubilados


un golpe de estado a cada hora
a humoristas cantantes artistas gráficos
ao campo ao mar… á clase traballadora


un permanente golpe destado á ética
aos republicanos ás refuxiadas
ás independentistas aos excluidos...
escusádeme se algún grupo falta

o 23F é todo o contrario

ao 1 de outubro

imaxe dos funcionarios de xustiza
manifestándose na súa longa folga
no seu centro de traballo


22-2-2018

europa fronteira xenocida

 


moitos morren no deserto abrasados
moitas morren no mediterraneo afogadas
de bamako a lampedusa miles de vidas

perdidas das terras africanas saqueadas
pola europa das fronteiras xenocidas

tráxicos nomes das travesías e mortes
no deserto son kidal agadez ghardaia...
e as desprazadas de asia chocan con grecia
e nós non queremos saber nada
de canarias andalucía...melilla e ceuta

e miles son anónimas mortas
para as súas familias son desaparecidas
polas mafias locais e por europa

di a rederefuxiadas

non no noso nome non
pero europa somos nós
e seguimos con palestras
e manifestacións...

 

21-2-2018

verne nautilus e alfageme


a velliña máquina
do tempo coma nun xogo
literario de ciencia ficcción
trouxo estes días á cidade
de vigo pechada ao mar
ao imaxinativo novelista
jules verne que puxo a nosa ría
e a rande na súa obra vinte
mil leguas de viaxe submariña

e como a velliña máquina do tempo
ademáis de xoguetona é caprichosa
non puxo a verne no museo do mar
nen a carón das súas esculturas
nen camiñando pola ponte de rande
nen enriba da torre de toralla
nen nas queridas illas cíes
nen na terraza do noxento
centro comercial da laxe
nen na oficina do alcaldísimo
con tremendas vistas a nosa

fermosa e golpeada ría

puxo ao noso jules verne
que non puido traer o nautilus
en terras de coia xusto na proa
do noso querido barco alfageme
para que o sacara da rotonda
están tolos estes gobernantes
que o apartaron do mar e das xentes

o cronistadecoia

 

 

 

21-2-2018

anna gabriel refuxiada



anna gabriel acusada
de defender pacificamente
esa terra que tanto adora
a compa agora refuxiada
ten un discurso consecuente
contra esa in-xustiza espanyola

anna educadora social
neste tan mal-educado país
segue no poder o bando nazional

imaxe da concentración
de apoio na súa vila


20-2-2018

do hino de eeespanya

 


logo do rebumbio da enésima
proposta de letra pro hino das espanyas
agora pola militarista marta sánchez
imos lembrar o que cantábamos
nós de cativos e o que poden
cantar agora os cativas

franco  franco.
que tiene el culo blanco
porque su mujer
lo lava con ariel.
la reina sofía lo lava con lejía.
y por eso el rey se siente así de bien.

franco  franco.
que tiene el culo blanco
porque su mujer
lo lava con ariel.
y don juan borbón,
lo lava con jabón.
y supermán lo lava con perlán!
y el coronel lo laba con bernel

franco  franco.
que tiene el culo blanco
porque su mujer
lo lava con ariel.
a dona leticia  lávallo un polícia
e don felipe  non o lava que ten gripe

popular


20-2-2018

árbore e vías



sobre as catro pontes
por onde o tren xa non pasa
vai medrando esta árbore
con pouco espacio pras raices
medra coa memoria das vías

tomei a foto desde abaixo
e debo dar a volta e subir a saudala
sobre as catro pontes das vías a árbore

teis cara chapela