29-4-2010

cantiga do millo


 

para o pobo de oaxaca
hoxe de luto outra vez


mediados do mes de abril o millo xa está nacendo
o cereal que deu mais forma a cultura dos galegos

este gran que veu de lonxe dese novo continente
america mal chamado outro ultraxe as suas xentes

este millo ou mainzo foi ocupar o espacio
do cereal anterior co seu nome suplantado

o canastro a debullada o muiño a muiñeira
este millo que da pe aos nosos cantos e festas

o millo e o pan de millo entre lendas e refrans
din que trae mala sorte do revés poñer o pan

cando atopes polo monte na noite a santa compaña
se non queres que te leven debes comer pan rapaza

e se tiras un anaco debes dar un bico ao pan
isto contaronme os vellos que non falan por falar

millo marelo e bermello millo branco millo corvo
moitas terras sementadas do temperán ao serodio

   pero o millo meus amigos foi perdendo o seu espacio
moita terra abandonada e na mesa desprazado

neste tempo de voltar con novos ollos pro campo
debe o millo camiñar con mais vida ao noso lado

lariño
galiza abril do 2010

posdata
encargoume cesar lema
un corrido sobre o millo
e xa podedes cantalo
con foliada ou corrido