20-1-2018

alcaldisimo e acampada



alcaldísimo e acampada
ou as cousas do alcaldísimo 3

ese alcalde populista
ese que moito sorrí
non quer ver a realidade
da nosa inxusta cidade
e moito anda a mentir


ese alcalde iluminado
quixo tapar as miserias
con millóns de lucecitas
mais non cobre a inxustiza
nen toda a luz dunha estrela

ese abel o alcaldísimo
mal defende as nosas illas
co seu conto trasnoitado
pra que as sigan estragando

moitos miles de turistas

 

director de cabalgatas

adorctrinador de nenos

con cómplices profesores

xeneral sen uniforme

gran capón do galiñeiro


máis popular que o p

cabaleiro sen cabalo

gran azote das mareas

capitán co barco en terra

aínda nos doe ese barco


contra a pobreza acampada
na praza deste cortello
xunto a panificadora
desta cidade a traidora
que desgobernan pendejos

ese abel da cruz franquista
tenlle medo a unha acampada
aos pobres e as verdades
de vigo a inxusta cidade
que acampan nesa gran praza
ese abel das lucecitas
tenlle medo a unha acampada

 


recitado no uf no evento

de apoio a acampada cos poemas

o vigo que non sorrí e as cousas

do alcaldisimo 2 xa publicados


o cronista rotondiano