03-10-2016

charlotte e carolina

 

 

charlotte charlotte...

e logo pensei en charlot

e nas súas películas

pola liberdade ...

 

charlotte carolina do norte

charlotte e carolina dous

nomes de mulleres

se cadra na súa orixe

charlotte a escrava negra

carolina a branca muller do amo

 

en charlotte con maioría branca

a armada policía non o pensa moito

se ten diante un sopeitoso negro

 

logo de charlotte en el cajón

california varios policías

tamén asasinaron

a outro cidadán negro

 

o cronista