nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
confinar debemos
facelo case todos e todas
agás saúde alimentación
e outras urxencias verdadeiras
e facer algo serio e efectivo
e parar tantos desprazamentos
verdade amigas sanitarias
non é certo amigos labregos
os smarfones non se poden comer
que pare o textil e as súas tendas
que temos roupa na casa pra tempo
e que paren as tendas de calzado
que non nos deixan camiñar
que pare unhas semanas a bankkka
de xogar traficar cos nosos cartos
e que devolvan o que non é seu
que paren aínda máis avións
e que paren as fábricas de coches
que eles xa so nos levan cara o abismo
que paren as fabricas de armas
pero que estas non abran nuncamais
que paren as obras
que ese exceso de recheos
túneles rampas mecánicas
ascensores escaleiras pontes...
que o noso mundo se derrumba
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)