21-2-2014

pontevedra boa vila?




pontevedra boa vila

da de beber a quen pasa
din estes versos da tradicion oral
e pontevedra boa vila
que da de feder a quen pasa
lin hai anos nun cartaz na cidade do lérez

e pouco despois de baixar do comboio
xa me tocou unha boa ración de fedor
e camiñando atopei esta pintada
e xa a beira do casco vello
unha manifestación contra os bankos
e perdome entre as recuperadas rúas e prazas
coas lembranzas dos tempos da insubmisión
e vou levar a bronca no museo subterraneo
por fotografiar os antigos muros da cidade 

chega o momento que probocou a visita
a conversa cos cooperativistas de coop 57
primeiro dos centros sociais e activismos varios
e logo xa a economia social o comercio xusto
a banka ética a solidariedade …

os estudantes manifestáronse polo público
e foi a mesma hora da nosa xuntanza
pero non foron golpeados como en vigo
pequeno paseo xa sen chuvia e o xantar

e de volta na praza da ferrería de postre
outra boa ración do fedor da celulosa
que parece que non molesta a varios centos
de pombas ás que uns cativos botan comida
regreso polo paseo á beira do adecentado
río gafos do que están a recuperar un muiño
e chega con retraso o comboio
a pontevedra boa vila
que da de feder a quen marcha

o cronista