09-12-2012

da folga de vitrasa




os traballadores de vitrasa
os buses urbanos da cidade
están en folga estes dias
reclamando os seus dereitos
que a empresa lles rouba

polas ruas hai unha respetable
cantidade de verdes vitrasas
que chaman servicios minimos
maximas son as diferencias
entre patronal e traballadores
e asi se construe o capitalismo

vitrasa é a empresa que ten
o monopolio do trasporte urbano
e é a herdeira dos queridos tranvias
en corentecatro anos esta é
a primeira folga dos traballadores
e eu como permanente usuario
podo decir que xa era hora

onte vintecinco traballadores
que entraron nun bus para facer
o seguimento da folga foron
secuestrados corentecinco minutos
dentro do bus parado en praza america

na imaxe o campamento vitraseiro
fronte a empresa xa no decimo dia
e mañan facemos outra cronika
unha aperta compas

o cronista