01-6-2012

unha data unha idade un lugar




esta imaxe entregaronma onte

os numeros e as palabras nunha folla
entregaronmos nas escaleiras do marco
na entrada dos antigos xulgados da cidade
nas escaleiras da porta da antiga prision

a concentracion de todos os ultimos
xoves de cada mes as oito da tarde
e onte non enchemos as escaleiras
miña amiga que non pudeche vir

este ano no estado español
vinteduas mulleres foron asasinadas
dende hai anos convertemos
as portas do marco nun espazo
adicado á memoria das mulleres asasinadas
e co obxeto de impedir que a realidade
da violencia de xenero caia no esquecemento...

unha data e unha idade e un lugar
e outras datas e outras vidas e outros lugares
estiveron presentes este ultimo xoves do mes
nas escaleiras do marco as oito da tarde

un lugar a idade dunha muller unha data
visualizan a todas as mulleres asasinadas

o cronista