02-5-2020

notas desta crise mundial 5


sete semanas de pandemia
e seguen as sanitarias
faltas de epis e mascarillas
seguen a reutilizalas

unha médica xefa de urxencias
e outro médico de nova iorque
suicidáronse por non aturar
tanta e tanta morte

hai unha semana e pico
miles de mascarillas defectuosas
que estaban a contaxiar as sanitarias
tarde foron retiradas pola xunta
e as restantes foron devoltas a china
e o filósofo-ministro de sanidade
dixo que recuperaron todos os cartos
fáltalle ética e decencia a ese señor

os milicos da ume deixan
de fumigar na galiza para preparar
a chamada campaña de incendios
seguirán facendo maniobras entón

na comunidade de madrí
logo deben mellorar as cousas
que a presidenta de pp-cs-vox
manda a sanitarias ao paro
e abandonóu unha reunión
importante para ir a misa
e onte deuse un baño de apertas
no peche do hospital do ifema

conta e desconta
e mal-conta o goberno
fase 0 fase 1 fase 2 …
fase de prepación fase inicial...
e di que non é un plan pechado
na desescalada e nova realidade…
esas fraseciñas de película ou serie
e as palabras bonitas non dan pra comer

o cronista