verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
o segundo traballador
morto e desaparecido en zaldibar
co derrumbe do vertedeiro privado
mal controlado polo goberno de euskadi
non apareceu logo de remover
miles e miles de toneladas de lixo
e definitivamente para a súa busca
os restos do seu compañeiro alberto
apareceron hai uns meses
para a familia de joaquín
foi como se o mataran dúas veces
en febreiro do 2020 e agora
que peor tumba para unha persoa
que deposito dos peores
desperdicios humanos
pero todo un símbolo
para a nosa decrepita sociedade
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)