21-12-2018

vida e morte mar

 

       ás golpeadas familias do mar

         de cambados e malpica

vida e riqueza o mar
nestas tan bravas rías
mariñeiro até mañán

vida e morte a pesca
no atlántico tantas veces
o mar sobe á vosa coberta

mar vida e morte somos
unha pegada a outra mar
como a superficie ao fondo

manolo pipas