23-4-2012
75 cabodano do bou eva
Este luns 23 de Abril ás 20:30h na praza da Ribeira, Berbés, homenaxearemos cun recital poetico e musicaás 9 persoas mortas tralo asalto
ao Bou Eva fai 75 anos O 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller
dispúñanse a fuxir a Francia por mar
desde o porto de Vigo. Foi o suicidio colectivo máis grande da chamda da Guerra Civil, e o pobo de Vigo continúa a descoñecer a súa tráxica historia.Eran galeguistas, socialistas, comunistas e anarquistas.Tras seren delatados, posiblemente por un tripulante, os falanxistas asaltaron o barco, abeirárono a un alxibe do porto e asolagaron a adega do bou, primeiro con auga fría e despois con auga quente. Mais os tripulantes non saíron, decidiron pór fin á súa vida de maneira colectiva antes de entregárense aos falanxistas.Este suceso foi omitido polo réxime franquista e nulamente difundido durante a mal chamada Transición española.a c bou eva