18-4-2012

o cullarapo croque




Danzan, cantan, brincan, bailan
as ras do estanque
mentres contan historias
de cullarapos audaces

Falan, berran, choran, rin
as ras do estanque
mestres desvelan misterios
do outro lado do parque

E ata unha ra confesa
que tivo de noivo un crocodilo
ao que deixou no altar
porque tiña o dente moi fino

E ata unha ra croa
coa voz nun fío
que estaba entregada
a un terríbel destino

miguel angel alonso

texto do cullarapo croque
con imaxes de luz veloso
coleccion q de vian cadernos
aportaverde.blogspot.com