24-3-2017

decimas a mercedes sosa



volver á praza de maio
despois de tantos concertos
en palcos nunca extranxeiros
que che ensinaron máis cantos,
e non calma o teu espanto
casas brancas e rosadas
esconden as cores falsas
que levan dentro os traidores
que perseguen os amores
e toda nova alborada

segue plantando violetas
debaixo das vellas parras
no monte xa medran jaras
coas ervas namoradeiras,
nunca cales cantadeira
avoa negra e mestiza
as palabras de alfonsina
que vestida do teu mar
marchóu a poetizar
paisaxes descoñecidas

compostela outubro 93

publicado no libro marzo

abril e outros naufraxios
a imaxe chile o mesmo ano

tempo despois puiden estar
noutro concerto da cantora
e regalarlle o poema


hoxe 24 de marzo a 41

anos do golpe fascista